Descontos para socios

 

Se queres facerte SOCIO ou SOCIA soamente tes que pinchar neste enlace ALTA OU RENOVACIÓN DE SOCIO

 

 

VANTAXES DE SER SOCIO DE BALONMÁN  XIRIA

Clínica Dental María Gómez

ACORDO DE COLABORACIÓN COA CLÍNICA DENTAL MARÍA GÓMEZ

Escolas Balonmán Xiria e Clínica Dental María Gómez asinan un acordo de colaboración do que se poderán beneficiar os socios e socias das Escolas Balonmán Xiria, que poderán beneficiarse de descontos nos distintos tratamentos que ofrecen na clínica.

 

Os socios e socias das Escolas Balonmán Xiria terán uns servizos gratuitos que se detallan a continuación:

  • Consulta e presuposto.
  • Revisións.
  • Educación bucodental.
  • Fluorizacións.
  • Radiografías periapicais.

Por outra parte, terán descontos nos seguintes tratamentos:

  • 20% en limpezas dentais
  • 20% en panorámicas e telerradiografías.
  • 20% en escáner dental (TAC).
  • 20% en protectores bucais deportivos.
  • 10% en branqueamentos dentais.
  • 10% en obturacións.
  • 10% en ortodoncia.
  • 10% en periodoncia.
  • 10% en implantes.
  • 10% en tratamentos restauradores en menores de 15 anos.

Tamén ofrecen aos socios e socias facilidades nos pagos, polo que ofrece unha financiación a 12 meses sen ningún tipo de interese para o paciente e posibilidade de financiación ata 36 meses.

Clínica Dental María Gómez

 

JAVI TEIJEIRO CENTRO FISIOTERAPIA 

Acordo de colaboración moi interesante para tod@s @s soci@s de Escolas Balonmán Xiria, polo que o importe da sesión para os Xiriareiros será de 26€.
So é preciso que amosedes o voso carnet de socio de Escolas Balonmán Xiria xunto con documento oficial de identificación. O abono da cantidade estipulada farase directamente na clínica.

Centro de Fisioterapia Javi Teijeiro

 

ÓPTICA AURIS


30% de desconto para soci@s en:
– Audífonos
– Lentes progresivas e monofocais
– Monturas
– Gafas de Sol

Venta a prazos ata 12 meses sen intereses*
(Consultar condicións en tenda)

Campo da Feira das Nenas, 46 baixo – A Silva, Cerceda
Tel. 622 377 006

https://www.facebook.com/aurisaudicionevision/?locale=es_LA

 

AUTOESCOLA CARCOPA

Os socios e socias de Escolas Balonmán Xiria terán un 10% de desconto na matrícula de calquera carné de conducir en Autoescola Carcopa.

Inclúe tamén as clases presenciais e online, app test autorizados, libros, placa L e traslado a exame teórico en bus.

Podes obter máis info de tódolos servizos que ofrecen en:

https://carcopa.com/

 

DEQUIP CARBALLO

Tódolos socios de Balonmán Xiria dispoñerán dun 10% de desconto en calquera artículo de Dequip Carballo ensinando o seu carné de socio tanto físico como o dixital na app de Cluber.

(Desconto non acumulable a outras promocións)

Dequip Carballo
Rúa San Xosé, 5, 15102 Carballo
Teléfono: 981 70 15 89
https://www.dequip.es
https://www.facebook.com/dequip.carballo/?locale=es_LA

Escolas de Balonmán en Carballo, A Coruña