Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Dúas vitorias e un empate para os nosos benxamíns

Xogaron os equipos benxamíns de Escolas Balonmán Xiria en Santa Comba a 11ª xornada de liga de minibalonmán, na que houbo dúas, vitorias por parte lo Laber Xiria (8-0) e…

Xogaron os equipos benxamíns de Escolas Balonmán Xiria en Santa Comba a 11ª xornada de liga de minibalonmán, na que houbo dúas, vitorias por parte lo Laber Xiria (8-0) e o Oak English Centre Xiria (6-2), e un empate que protagonizou o Grupo Lemaco Xiria (4-4).

Oak English Centre Xiria – Bm. Xallas: 6 – 2 (5-3 / 9-5 / 8-2 / 5-9)
Oak English Centre Xiria: Samuel Veiga (7), Pablo Veiga (4), Alex Tato (4), Marcos Amarelle (4), Sergio Varela, Nicolás García (5), Alberto Rodríguez (3).
Custoulle moito entrar no partido ao Oak, non conseguindo chegar durante o primeiro tempo a portería con suficiente vantaxe para marcar gol, de aí quedarse en so cinco goles, mais si que traballou a reo en defensa e en portería para deixar ao seu rival en tan so tres goles. Os dous seguintes cuartos estiveron moi ben xogados polos carballeses que con fluidez no seu ataque e mantendo as prestacións defensivas leváronse claramente os puntos en disputa. Mais a imaxe trocou completamente no derradeiro tempo, cedendo os puntos logo de non ser quen de parar ao ataque dos xalleiros. Causou baixa Álvaro López por mor dunha pequena escordadura no seu nocello.

Ribadosar – Grupo Lemaco Xiria: 4 – 4 (6-9 / 4-6 / 11-8 / 7-6)
Grupo Lemaco Xiria: Erik Vázquez (5), Miguel Cambón (5), Samuel Regueira (2), Xurxo Fraga (4), Alejandro Vázquez (2), Ángel Viña (11), Daniel Cambón, Manuel Puente.
O partido tivo dúas partes ben diferenciadas, xa que nos dous primeiros cuartos mandaron os carballeses, que dende a súa defensa puideron roubar balóns que lles permitiron lanzamentos moi cómodos, que se transformaba en goles sinxelos, véndose tamén neses intres un bonito xogo colectivo. Mais non mantivo a mesma intensidade nos dous seguintes tempos, permitindo que os seus rivais chegasen até a súa portería sen demasiadas dificultades. Xusto reparto de puntos entre os dous equipos polo visto no Pavillón de Fontenla.

Laber Xiria – Alca “A”: 8 – 0 (12-1 / 8-7 / 7-6 / 7-4)
Laber Xiria: Hugo García (8), Manuel Pérez (11), Lucas Amado, Álvaro Vila (7), Aday Gómez, Mateo Pallas (4), Marco Rodríguez (4).
Comezou o partido moi forte o Laber, impedindo que os seus rivais tiveran opcións de lanzamento claras, e con moito tino no seu xogo ofensivo conseguían practicamente gol en cada ataque. Pero a partir dese intre o exceso de relaxación, ante o cuarto inicial xogado, traduciuse en erros sucesivos que puxeron contra as cordas aos do Xiria nos dous seguintes cuartos, levándose os puntos con goles nos últimos segundos. O derradeiro cuarto xa se pareceu máis ao primeiro, cun xogo máis sólido e eficaz. Non puido estar cos seus compañeiros Manuel García afectado por un proceso gripal.

P.EQUIPOPXPGPEPPNPGFGCPUNTOS
1Laber Xiria4428313026819359
2Oak English Centre Xiria4426612027220358
3A D Alca B4425415024620354
4Balonmán Camariñas4024115025619649
5Grupo Lemaco Xiria4421419023922046
6Balonmán Xallas4419124018622139
7C B Ribadosar4411334014225625
8A D Alca A449431014225922