EM. CAMARIÑAS 37 – IFECGÁS PEREIRA XIRIA 27

17/05/2007

EM Camariñas: Felix, Diego (4), Carlos (2), David (3), Christian Barca (2), Cristian Canosa (10), Campaña (4) -equipoinicial – Canosa (2), Bruno, Xabi (2), Brais (2), Richard (6).

Ifecgás Pereira Xiria: Naya, Óscar (1), Boti (3), Rodrigo (4) , Diego (6), Pombo (3), Zas (7) -equipo inicial- Dani (1), Andres (2), Nestor.

Colexiados: Os colexiados, Daniel Lago e José Carlos Fernández, arbitraron cun pasotismo absoluto e cunha prepotencia inaudita cara os rapaces, aínda que non influiron no resultado.

O Ifecgás Pereira Xiria voltou a presentar as suas peores credenciais na final da copa onde voveu a amosar a súa peor faciana. O equipo que dirixe Fernando Vázquez saíu á pista camariñá sen ningunha actitude nin ganas de competir. As lagoas en defensa eran enormes e nin o 5:1 nin o 6:0 deron o seu froito, xa que a indolencia era tal que non habia o máis mínimo contacto por parte dos carballeses. A porteria facía augas por todas as partes e na defensa non había atención nin anticipación nin axudas, e amosábase moi branda fronte a uns contarios moi inferiores antopometricamente pero que eran moi superiores en intensidade e intelixencia no xogo. Con estas premisas o resultado non podia ser máis escandaloso co feito de que todos os goles foron conseguidos de contraataque ou entre a liña de 6 e 9 metros, o que demostra a absoluta pasividade fronte un equipo que non ten lanzamento alén da liña de nove.

O resultado do descanso xa sinalaba un escandaloso 19-14 a prol dos de Camariñas que seguiu crecendo na segunda metade porque a actitude do equipo carballés non mellorou nada tras o intermedio.

Deberá mellorar moito este grupo a vindeira campaña, xa que a maioría pasan a ser xuvenís, sobre todo nos aspectos de actitude e espíritu competitivo.