ESC. MPAL. CAMARIÑAS 21 – PROCASA XIRIA 22

Esc. Mpal. Camariñas: Félix, Diego, Carlos ( 5 ), Sergio, Brais, Bruno, José M., Martín ( 4 ), Cristian Canosa ( 7 ), Cristian Barcia, Damián, David ( 5 ).

Procasa Xiria: Naya, Iago ( 2 ), Damián, David ( 2 ), Mecías, Zas ( 16 ), Martín, Dani ( 2 ), Antón, Jorge, Brais.

Rematou cunha victoria a liga regular para o equipo infantil masculino do Procasa Xiria co encontro disputado o pasado sábado na Ponte do Porto fronte á Esc. Mpal. de Camariñas. O resultado final foi de 21-22 a prol do cadro carballés que xa se impuña no intermedio por 12-13. O equipo de Fernando Vázquez chegou a dispoñer de seis goles de renda, sen embargo os de Camariñas forose achegando no electrónico e toda a segunda metade foi moi disputada e igualada acadando finalmente os de Carballo unha victoria moi sufrida que fai que rematen a competición coma subcampións arrabatando esta segunda praza aos camariñáns. O campión dende hai xa varias xornadas é o Epaat Oleiros que disputará a fase final da Liga Galega.