ESC. MPAL. CAMARIÑAS 27 – PROCASA XIRIA 30

06/03/2005 18ª XORNADA

ESC. MPAL CAMARIÑAS: Félix, Miguel, Cristian (3), Diego, Faustino, Xabier (7), Martín (2), Richard (5), Canosa (10), Carlos.

PROCASA XIRIA: Naya, Borja (1), Andrés (2), Iván (5), Diego (5), Néstor (1), Zas (7), Rodrigo, Óscar (5), Dani, René, Brais, Pombo (3).

Presentábase este como o partido mais atractivo da liga para o Procasa xunta co disputado fronte o EPAAT Oleiros e non defraudou. Na ida impuxéranse os de Carballo de maneira bastante doada pero este xa pintaba de maneira distinta sabedores da presión e actitude que poñen os palilleiros cando xogan na casa. Todo isto, unido ó mal partido dos rapaces carballeses, sobre todo na faceta defensiva onde o Procasa encaixaba goles de maneira sinxela debido á súa falla de actitude e contundencia, fixo que o partido fose tremendamente igualado dende o comezo ata o final do mesmo.

É preocupante a indolencia dalgúns dos rapaces nesta tarefas cunha falla da actitude alarmante. Aínda así, a gran capacidade anotadora en ataque e a maior calidade dos de Fernando Vázquez propiciaba que, a pesares da igualdade, o Xiria fora mandando no electrónico.

6-7 / 9–8 / 4-5 / 8-8

O colexiado David Rodríguez tivo unha pesima arbitraxe, castigando a indolencia defensiva dos carballeses con seis exclusións e a dureza camariñán con ningunha.