ESC. MPAL. CAMARIÑAS 29 – ASESORÍA SUEIRO XIRIA 27
20/11/2003 5ª XORNADA O Asesoría Sueiro Xiria sufríu a primeira derrota da tempada na súa visita á dicil cancha do Escola Municipal de Camariñas por un apretado 29-27. Dende o…
20/11/2003 5ª XORNADA
O Asesoría Sueiro Xiria sufríu a primeira derrota da tempada na súa visita á dicil cancha do Escola Municipal de Camariñas por un apretado 29-27.
Dende o pitido inicial poidose comproba-la igualdade existente entre os dous conxuntos. Os primeiros minutos foron de tanteo, baseándose a escadra carballesa nun rápido contragolpe mentres o equipo local resistía o tirón gracias as aparicións individuais dos seus tres xogadores mais detacados. As dúas exclusións coas que os colexiados castigaron os dous centrais da defensa carballesa Cuco e Álex na primeira metade influiron moito no transcurso do encontro, xa que impedían ó conxunto de Marcos Rodríguez ter a necesaria contundencia defensiva á que nos teñen acostumbrados.
Non foi ata a segunda metade cando o conxunto camariñán tivo a oportunidade de rompe-lo encontro, cando se atopaba tres goles por enriba no electrónico e cun xogador mais en pista e posesión produciuse a reacción carballesa apoiada nunha serie de boas intervencións do cancerbeiro Enrique.
A falta de vinte segundos para o remate, e co marcador sinalando un 28-27, o equipo de Carballo tivo a oportunidade de empata-lo encontro pero marrou o seu lanzamento e no conseguinte contragolpe o Camariñas ratificou a súa victoria por 29-27, impoñendo as súas individualidades fronte ó colectivo que puxo en liza o Asesoría Sueiro Xiria.
ESC. MPAL. CAMARIÑAS: Cristian, Manuel, Fabián, Borja ( 9 ), Felipe ( 8 ), Alberto ( 11 ), Iago ( 1 ) -equipo inicial- Albino, Víctor, Tedín, Jesús e Miguel.
ASESORÍA SUEIRO XIRIA: 3-3 / 5-5 / 7-8 / 10-10 / 13-11 / 15-14 / 17-15 / 19-18 / 21-21 / 23-22 / 26-24 / 29-27
O colexiado David Rodríguez tivo unha mala actuación para os dous conxuntos, e nos intres finais tomou varias decisións moi criticadas polo conxunto visitante.