ESC. MPAL. DE CAMARIÑAS 22 – ASESORÍA SUEIRO XIRIA 27
Escola Mpal. de Camariñas (12+10) 22: Álex, Adrián Lema (5), J. Carlos (2), Alberto Mas (10), Diango, Héctor (2) e Richard (1)– equipo inicial – ‘Perón’ (1), Diego, Jesús, Cures…
Escola Mpal. de Camariñas (12+10) 22: Álex, Adrián Lema (5), J. Carlos (2), Alberto Mas (10), Diango, Héctor (2) e Richard (1)– equipo inicial – ‘Perón’ (1), Diego, Jesús, Cures e Adrián Campaña (1).
Asesoría Sueiro Xiria (14+13) 27: Guillín, Ramón (3), Joaquín (14), Óscar (1), Manuel (1), Juan (4) e Javier (2) – equipo inicial – Iago (p.s.), Díaz ,Puente, Eloy, Iván (2) e Norberto.
Árbitro: Farruco Soliño Otero. Ben.
Incidencias: Encontro correspondente á 9ª Xornada do Campionato Territorial Norte Xuvenil Masculino disputado no Pavillón Municipal de Camariñas ás 12:00. Nas bancadas en torno a 75 espectadores presenciaron o encontro.
Bonito e disputado derbi o que se presenciou na mañá do sábado no pavillón camariñán entre o líder e o 3º clasificado, un encontro que deparou emoción e incertidume polo resultado dende o comezo ata o remate.
Os primeiros minutos foron de igualdade aínda que con pequenas rentas de un e dous goles a prol do Xiria. Pero a partir do minuto 15 os locais apoiados en boa medida na súa boa defensa conseguiron transformar unha serie de contraataques ata poñerse con tres goles de vantaxe (10-7), no momento máis crítico do partido para os visitantes, que a pesar da inferioridade conseguiron empatar de novo o partido e volver a coller vantaxe, despois dun parcial de 1-7, de ata 3 goles (11-14) que recurtarían a dous os camariñáns sobre a bocina.
Na segunda parte o Camariñas conseguiu empatar nos primeiros miutos (14-14), pero a partir de aí o Xiria volveu a coller unha vantaxe que iría medrando paseniño co descorrer dos minutos. Foron uns segundos trinta minutos moi intensos, cunhas defensas ao límite que se impuxeron aos ataques, e nos que os visitantes tiveron que empregarse a fondo para conquerir a victoria.
A vindeira semana disputase a 10ª xornada na que o Asesoría Sueiro Xiria recibe ao colista, o Bm. City Pub Viveiro, ao que derrotaron no partido da primeira volta por 18-33.