O pasado sábado tivo lugar en Carballo unha gran xornada de balonmán, a Fase Final infantil Provincial, que comezaba ás 10.00 h da mañá e remataba coa entrega de trofeos ás 19.00 h da tarde. Os encontros disputáronse no Pavillón Municipal Vila de Noia e no Pavillón do CEIP Fogar, e neles puidemos ver o prometedor futuro do balonmán da provincia da Coruña.
Os oito equipos participantes competían divididos en dous grupos, de tal xeito que os catro primeiros clasificados da liga disputaban os postos de 1º a 4º e os catro últimos facíano do 5º ao 8º posto. Cada equipo participante xogou 3 encontros facendo un total de 12 partidos xogados ao longo da xornada.
O Club Escolas de Balonmán Xiria tiña dous equipos participando, Marmolería José Rey Xiria pelexaba polo 1º posto, e E.B. Xiria, que pelexaba polo 5º posto.
Marmolería José Rey Xiria: Pablo, José Eiroa, Manuel, Borja R., Dosuna, Pereira, Agustín, Borja F., Andrés, Javier e Antón.
Composto na súa maioría por xogadores de primeiro ano, partían como favoritos para levarse o título tras o amosado en liga, e así foi, 3 partidos, 3 vitorias, dúas de elas moi traballadas, e 1º posto para o equipo que amosou maior nivel no Campionato.
Marmolería Jose Rey Xiria – E.M. Sta. Comba (40-20)
Tirso de Molina – Marmolería José Rey Xiria (27-28)
Marmolería José Rey Xiria – Novacaixagalicia OAR (38-36)
E.B. Xiria: Antonio, Manuel, Xurxo, Edu, Arnejo, Alba, Sergio, Brais, Juanca, Carlos, Andrés, Diego, Roi e Jorge.
Formado na súa totalidade por xogadores en idade alevín, o que ten un mérito enorme para estes rapaces que deixaron as diferenzas de idade e de forza a un lado e pelexaron cada encontro sen complexos. Con dúas vitorias e unha derrota colocáronse nunha máis que merecida 5ª posición sendo superados soamente polo Bm. Ártabro, que contaba con xogadores con experiencia na competición infantil de División de Honra.
E.B. Xiria – Bm. Cambre (43-23)
Bm. Ártabro “B” – E.B. Xiria (13-35)
E.B. Xiria – Bm. Ártabro (28-42)
Tras rematar os 12 encontros previstos para toda a xornada procedeuse á entrega de Trofeos na que tivemos a honra de contar coa presenza das autoridades entre os que se atopaban entre outros o Alcalde de Carballo, D. Evencio Ferrero e o Director Xerente do Padroado Deportivo Municipal de Carballo D. Francisco García Bello, que foron os encargados de entregar as medallas e os trofeos a todos os equipos participantes.
A Clasificación final foi a seguinte:
1º – Marmolería José Rey Xiria
2º – Novacaixagalicia OAR
3º – Tirso de Molina
4º – E.M. Santa Comba
5º – Bm. Ártabro
6º – E.B. Xiria
7º – Bm. Cambre
8º – Bm. Ártabro “B”
Este xornada de balonmán que tivo de protagonistas aos rapaces tamén foi moi proveitosa para os colexiados, 8 rapaces procedentes dos cursos de árbitro-cronometrador realizados en Santiago e Carballo a pasada Semana Santa e que, con esta Fase Final, comezan a súa andaina no mundo da arbitraxe.
