GARAYSA XIRIA 25 – BM. LALÍN 12

10/10/2004 2ª XORNADA

Garaysa Xiria: Raquel, Juana ( 1 ), Iria, Paula ( 2 ), Marta ( 10 ), Cristina ( 9 ), María ( 1 )– equipo inicial – Uxía ( 1 ), Adriana, Fernanda ( 1 ), Yanin, Jessica.

Portadeza Lalín: Elisabet, Raquel ( 7 ), Ana ( 1 ), Beatriz, Yolanda, Patricia ( 2 ), Jessica – equipo inicial – Sandra, Cristina, Carolina, Marta, Lorena ( 2 ).

O equipo xuvenil feminino, Garaysa Xiria, conqueriu unha cómoda victoria no segundo encontro da Liga Galega que o enfrontou co Lalín na mañá do domingo por un contundente 25 a 12.

Primeiro partido que disputaba na casa o cadro carballés no que non atopou rival dende o momento no que se serou unha vez transcorridos os primeiros dez minutos de xogo. Unha defensa moi aberta por parte do conxunto do Deza permitiu que as conexións co pivote carballés fosen constantes e en situación moi cómodas, unido esto a total inoperancia en ataque das visitantes nos primeiros trinta minutos fixeron que o marcador no descanso refrexase un 10 – 2, que podía haber sido maior se as carballesas estiveran máis atinadas de cara a portería rival.

Sairon ó segundo tempo as xogadoras do Garaysa con gañas de cerrar definitivamente o partido e no minuto seis deste tempo o electrónico refrexaba un 16 – 2 que asemellaba definitivo. Mais un parcial de 1 – 6 daba algo de vida o equipo de Lalín, pero nese momento o entrenador local solicitou un tempo morto que devolveu as augas o seu curso. E xa nos últimos dez minutos a actuación do colexiado, castigou o cadro carballés con sete exclusións ( totalemente xustas) mentres as mismas faltas na outra área eran meros golpes francos ( so sufriu o equipo lo dezano unha exclusión), impediu unha ventaxa maior.

Un bo comenzo nunha liga descoñeciada para o cadro carballés que se situa con tres puntos en dous encontros.
O colexiado Sr. Flores Real levou o partido sen dificultades ainda que non tivo o mesmo baremo nas sancións disciplinarias para os dous equipos.