GARAYSA XIRIA 42 – BALONMÁN ÁRTABRO 16
Garaysa Xiria: 42 (22+20): Jorge, Buño, Daniel García (4), Gabriel, Iván Campos (14), Raúl (2), Diego (3), Lolo (6), Alejandro (2), Iván Calvo (3), Enrique (8). Bm Ártabro: 16 (5+11):…
Garaysa Xiria: 42 (22+20): Jorge, Buño, Daniel García (4), Gabriel, Iván Campos (14), Raúl (2), Diego (3), Lolo (6), Alejandro (2), Iván Calvo (3), Enrique (8).
Bm Ártabro: 16 (5+11): Alonso, Roberto, Raúl, Lucas, Javier F., Ignacio, Javier G. (2), Jorge (3), Rubén (7), Ángel (2), Antón (2).
Colexiado: Abel Juncal e Julio Villanueva
O Garaysa Xiria xogaba este Luns o seu segundo partido desta longa fin de semana, e facíao ante un gran coñecido ao que xa se enfrontara en pretempada, o Bm Ártabro. Nesa ocasión os de Carballo leváranse a vitoria pola mínima nun encontro ateigado de erros, pero esta vez íamos ver a outro equipo coas ideas moito máis claras tanto en ataque coma en defensa.
O encontro comezou con moita superioridade, o que non tardou en reflexarse no resultado: 7-1 non primeiros compases deixaba moi encarrilado o partido para o Xiria. E dende aí non houbo moita máis historia. O Ártabro era incapaz de superar a defensa local e caía en continuas pérdidas de balón rematadas en contragolpes polo Garaysa. Así chegou o descanso cun 22-5 que poñía todo de cara ós locais para que os dous puntos quedaran na casa.
Tras o intermedio o Xiria relaxouse demasiado e o Ártabro encarrilou varios ataques seguidos que remataron en gol. En só 5 minutos (os primeiros da 2ª metade) os locais encaixaron tantos goles coma en toda a primeira metade. Pero o noso ataque seguía a ser fulminante e non daba opcións a sorpresas. A defensa volveu a consolidarse e así se mantivo ata que chegou o remate do encontro, 42-16 para o Garaysa que deixa patente o bo traballo que ven realizando e se consolida así como un dos candidatos a loitar polos postos altos da táboa.
A próxima fin de semana viaxa ata O Grove para enfrontarse ao Bm Rasoeiro, encontro no que agardamos seguir vendo a este Xiria que fai as ledicias de todos.