IFECGAS PEREIRA XIRIA 30 – BALONMANÓPOLIS 24

07/11/2004 2ª XORNADA

IFECGAS PEREIRA XIRIA: Guillín , Diego Díaz (1), Ramón, Cancela, Diego Puente, Joaquín (8), Manuel (13), Óscar (2), Miguel , Jesús (4), Norberto, Iago, Eloy, Javi (2).

BALONMANÓPOLIS: David López (1), Abel (3), David Botana (2), Xan (1), Francisco, Victor (5), David Rocha (7), Diego, Samuel, Carlos (5), José.

Encontro aprazado da 2ª xornada que enfrontaba a dous dos equipos, a priori, chamados a estar na parte alta da clasificación. As expectativas fixéronse realidade en forma de partido igualado, rifado ata o derradeiro minuto do mesmo. Sempre mandou no electrónico o conxunto carballés, con rendas curtas na primeira metade (2,3 e 4 goles como máximo) e mais curtas aínda na segunda que transcorreu de empate en empate durante moitos minutos. Os porteiros carballeses non estiveron tan atinados coma de costume, e isto unido ós desaxuste defensivo fixo que o Ifecgas Pereira nunca gozase dun partido tranquilo. Pola contra o gardameta coruñés fixo un excelente partido e co apoio da alta intensidade da súa defensa propiciou a desesperación dos xogadores carballeses en ataque.

Nos derradeiros minutos do encontro tres paradas importante de Iago e algunha recuperación defensiva fixeron que o final non fose tan agónico como se prevía e que os de Carballo rematasen o encontro cunha vantaxe impensable segundo o transcorrer do mesmo.
Destacar nos locais a Manuel Méndez que amosou unha enorme calidade e intelixencia.
O colexiado Sr. Pereira Navaza non tivo unha boa actuación.