IFECGAS PEREIRA XIRIA 31 – TIRSO DE MOLINA 24
Ifecgas Pereira Xiria 31: Bisbi, Damián, David, Heitor, Ivan, Joaquin, Jorge, Luis, Miguel, Ricardo, Chou. Tirso de Molina 24: Non dispoñemos de datos. Colexiado: Ante á incomparecencia do colexiados arbitrou…
Ifecgas Pereira Xiria 31: Bisbi, Damián, David, Heitor, Ivan, Joaquin, Jorge, Luis, Miguel, Ricardo, Chou.
Tirso de Molina 24: Non dispoñemos de datos.
Colexiado: Ante á incomparecencia do colexiados arbitrou o partido Álex Zas (cadete do Xiria).
No pavillón de Bergantiños de Carballo, ás 10:30 h da mañá do sábado, o Ifecgás Pereira Xiria tivo que disputar o partido máis longo e frío do que levamos de campaña contra o Tirso de Molina na 4ª xornada da Liga Provincial Infantil Masculina.
Por unha banda partido longo porque non puido empezar ás 10:30 h da mañá como estava estipulado xa que o colexiado non fixo acto de presenza. Os dous equipos agardaron pacientemente a súa chegada. Case tres cuartos de hora mais tarde, o colexiado aínda non aparecera. Ante este panorama os adestradores de ámbos os dous equipos tiñan dúas alternativas: suspender o partido ou que arbitrara unha persoa entre o público. Despois dunha charla intensiva, os dous adestradores decidiron disputar o encontro. Encontro que pitou o xogador cadete do Xiria Álex Zas. Por esta circunstancia, non se fixo acta e non se teñen datos dos equipos nin do partido.
Pola outra banda, partido frío porque a temperatura da que se podía gozar no pavillón era moi baixa: -3 graos no exterior, mais no interior a sensación de frío era moito maior que no exterior. Ante tal frío os xogadores dos dous equipos practicamente non foron capaces de entrar en calor en ningún momento: en estáticos tiñan frío, en movemento tiñan frío. En definitiva, o seu corpo estaba xeado (petrificado).
A pesar das circunstancias que se presentaron no partido os dous puntos quedaron na casa cun marcador de 31-24. Puntos gañados con máis corazón e gañas que con xogo.
A vindeira xornada, a quita, disputarase o 13 de xaneiro. Nela o Xiria terá que viaxar a cancha do Balonmán Narón. Namentres o equipo compaxinará periodo vacacional eadestramentos durante este parón navideño.