IFECGÁS PEREIRA XIRIA 33 – HIDROMIÑO ATL. NOVÁS 24
23/12/2011 Ifecgás Pereira Xiria: 33 (15+18): Zúpez, Anes (1), Martín (9), Javi (5), Miguel (8), Alex (1), Rubén Gómez (1) -equipo inicial- Mario García, Calvete (3), Bouzas (3), Iván, Mario…
23/12/2011
Ifecgás Pereira Xiria: 33 (15+18): Zúpez, Anes (1), Martín (9), Javi (5), Miguel (8), Alex (1), Rubén Gómez (1) -equipo inicial- Mario García, Calvete (3), Bouzas (3), Iván, Mario Santiago, Edu (2).
Hidromiño Atl. Novás: 24 (13+11): David, Mario (6), Jorge (4), Diego (3), Oscar (2), Xabier (1), Fabián (3) -equipo inicial- Dani (4), Pablo, Nathan, Sergio(1), Adrián.
Colexiadas: Alba Currás e Soraya Abelenda.
Partido sinxelo e sen historia para os locais o que disputaron o Ifecgás Pereira Xiria e o Atlético Novás do Rosal no pavillón Vila de Noia. A data deste encontro cambiouse debido a un contratempo co autobús, que no seu día, tiveron os pontevedreses.
Comezaron os carballeses despistados, con pouca intensidade defensiva e moi erráticos no ataque posicional. De calquera xeito, a superioridade do Ifecgás Pereira no día de hoxe é moita con respecto aos do Rosal e grazas a isto comandaron toda a primeira parte o marcador, aínda que con diferenzas moi curtas. No descanso o marcador reflectía un 15-13 a prol dos de casa.
Na segunda parte o Ifecgas Pereira aumentou lixeiramente a súa intensidade e o partido tornouse cómodo para os locais. Todos os xogadores que foron convocados para este encontro tiveron minutos de xogo, agás Mario Santiago, aínda convalecente dunha doenza.
As diferenzas foron aumentando pouco a pouco no marcador para chegar a ese 33-24 final que deixa os de Xiria como único imbatido ata o momento e líder da División de Honra en categoría xuvenil.