Ifecgas Pereira Xiria: Naya,Ivan (3), Zas (12), Néstor (2), Andrés, Dani (2), Óscar (5) -equipo inicial- Boti(3), Pombo (5), Borja (1), Diego.
Tirso de Molina: Angel, Julian (2), Alejandro, Adrián (1), Alexis (3), Javier (2), Mario (3) -equipo inicial- Alejandro A., Alberto Regueiro, Rodrigo, Carlos, Enrique, Álvaro.
Colexiados: O colexiado Jose.I. Pereira Navaza non influiu no resultado final..
A lectura deste partido fainos pensar que a liga en categoría cadete esta experimentando unha disminución alarmante de participantes así como do nivel dos equipos. Desta forma o equipo ferrolán do Tirso de Molina non ten nada que ver co perigoso equipo que en anos anteriores poñía as cousas dificiles aos de carballeses. Non fixo un bo partido o Ifecgás Pereira, máis ben todo o contrario, pero aínda así e grazas á debilidade do rival íanse ao vestiario cun 18-6 excesivo polo demostrado no seu xogo.
Na segunda metade un incremento na intensidade defensiva facía que o equipo local ampliara a súa diferenza. Neste momento o Tirso non era quen de frear as acometidas carballesas que superaban aos de Ferrol en todas as facetas do xogo. Un marcador final de 33-11 deixa constancia de isto ultimo así como da diferenza que existe entre os dous equipos na actualidade.
O Ifecgas Pereira adolece en ocasións de falla de intensidade que se antolla clave de cara a afrontar con garantía cotas mais altas.
