Moi boa imaxe do Calvo Xiria ante o Cangas da liga Asobal

Caeu derrotado, como era lóxico, o Calvo Xiria nos cuartos de final da Copa Galicia por oito goles nun encontro moi desequilibrado, pois chegaba a Carballo o equipo do Morrazo que esta tempada competirá en Europa.
Dende o inicio a diferenza de altura, peso e por suposto física deixouse sentir no parqué carballés. Cun equipo visitante moi serio e que cunha velocidade de balón e defensiva superior aos verdibrancos facía bo o prognóstico, marcando os primeiros minutos o que sería o desenvolvemento do encontro, moitísimo sacrificio por parte do Calvo Xiria para poder acadar goles e parar aos xogadores cangueses.
Pero dende logo que deixou unha gran imaxe o conxunto carballés no primeiro partido da tempada no Vila de Noia, con moita intensidade e loita para tratar de facer o seu xogo ante o mellor equipo de Galicia na actualidade. Todos os xogadores locais deron a cara no partido e de seguro que tiraron un bo aprendizaxe para saber que facer ante equipos de superior nivel físico coma os que se vai atopar durante a tempada.

Incidencias: Partido disputado no Pavillón Vila de Noia ante 250 seareiros. Colexiados: Alfredo Balado Fernández e César Carballo Fernández do colexio galego. Sen complicacións.
Marcador cada 5 minutos: 0-2/2-4/4-9/4-9/6-13/8-15, descanso, 11-19/12-21/14-23/16-26/18-28/20-28

CALVO XIRIA 20 (8 + 12): Alejandro Naya [p], Martín Gómez [p], Iago Gómez [p], Carlos A. Lema, Martín Alfeirán (6), Brais Puñal, Manuel Méndez (1), Jorge Bouzas (5), Pablo Iglesias (4), Sergio Facal, Julián López, Uxío Batán (2), Gonzalo Pombo (2).
FRIGORÍFICOS DEL MORRAZO CANGAS: 28 (15+13): Eduardo Salazar [p], Yeray Lamariano [p], Moisés Simes (2), Serafín Pousada (1), Rubén Soliño (7), Suso Soliño, Alberto Casares, Alejandro Pombo (1), Eloy Krok (4), Daniel Cerqueira (3), AdriánRosales (3), Alen Muratovic (1), David García (4), Daniel Gómez Pablo Castro (2).