Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

NOVACAIXAGALICIA OAR 30 – DECORACIONES J. BELLO XIRIA 25

Novacaixagalicia OAR: 30 (10+20): Adrián, Fran (4), Carlos (6), Miguel (4), Diego (4), Manu (3), Iago (2) -equipo inicial- Jairo (3), Nacho (1), Jorge (2), Dani (1), Gonzalo, Mario, Angel.…

Novacaixagalicia OAR: 30 (10+20): Adrián, Fran (4), Carlos (6), Miguel (4), Diego (4), Manu (3), Iago (2) -equipo inicial- Jairo (3), Nacho (1), Jorge (2), Dani (1), Gonzalo, Mario, Angel.

Decoraciones J. Bello Xiria: 25 (12+13): Buño, Alberto (1), Julián (6), Diego (3), Dani (2), Enrique (5), Cristian (3) -equipo inicial- Miguel, Óscar (2), Lolo (2), Iván, Raúl (1), Jorge.

Colexiado: Fernando Eiras e Andrés Rosendo.

Partido con pouco ritmo e moitos nervios o que se disputou o pasado domingo no pavillón coruñés de San Francisco Xabier. Tensión propia dun derbi e dun inicio de liga cadete no que o representante carballés, con un equipo case que por completo de primeiro ano, vai ter un longo traballo para poder posicionarse o máis arriba posible na táboa clasificatoria cando remate o curso ligueiro.

Dende o inicio, os xogadores bergantiñáns saíron moi decididos a polos dous puntos e puxeron algo máis de intensidade e xogo no envite. Non era un bo partido por parte de ningún dos dous equipos e a igualdade reinou durante os primeiros trinta minutos, eso si, case sempre con pequenas vantaxes dos visitantes, mellor asentados en defensa e no ataque posicional. Remataba a primeira parte con un meritorio 10-12 a prol dos visitantes.

Na segunda metade, a igualdade seguía a ser a tónica predominante, pero os de Decoraciones J. Bello disfrutaban de distancias aínda máis cómodas que rondaban os tres e ata catro goles. Non estaba a supoñer un problema batir a meta oarista, así como tampouco se pasaban moitos apuros na retagarda. Con este contexto e tres goles de vantaxe para os de Xiria, entrábase nos últimos doce minutos de partido. Nada podía facer pensar a os seareiros alí presentes que os de Carballos ían sufrir unha desconexión total e absoluta nestes últimos intres, despois de ir comandando tanto o marcador como o xogo durante todo o encontro. O equipo coruñés non estivo en ningún momento por diante no electrónico no que se levaba de encontro pero foi a falta de 5 minutos para o final, no momento máis crucial, cando conseguiron darlle a volta ao marcador. Os locais non fixeron nada en especial, de feito o seu balonmán seguía sendo lento e previsible, sen continuidade no ataque posicional e deixando moitos espazos en defensa. Sen embargo, foron os de Carballo os que comezaron a ter erros non forzados de malos pases ou recepcións defectuosas que poñían en bandexa sinxelos contaataques para os locais.

Primeiro partido de liga e boa lección para aprender cara ao futuro inmediato. De nada serve dominar o encontro durante cincuenta minutos, se nos últimos dez a atención e a intensidade baixa de tal maneira que o equipo contrario e capaz de facerche un parcial de oito goles de diferenza. Estes rapaces teñen a capacidade de mellorar neste senso. Un bonito ano de traballo por diante, no que con toda seguridade o Decoraciones J. Bello terá unha progresión excelente e dará moitas satisfacións aos seguidores do Xiria.