O.A.R. CAIXANOVA 10 – PROCASA XIRIA 28

12/03/2005 19ª XORNADA

O.A.R. CAIXANOVA: Alvaro, Rodrigo (1), Alejandro, Jacobo (4), Andrés, Martín (1), Denis, Jaime, Martín Vázquez (2), Jonatan (2), Adrián.

IFECGAS PEREIRA XIRIA: Naya, Borja, Andrés (2), Iván (4), Diego (6), Néstor, Zas (9), Rodrigo (3), Óscar (2), Dani (1), René, Brais, Pombo (1), Mecías.

Xogaba o Procasa na Coruña un importante partido para a autoestima dos seus xogadores trala axustada victoria da pasada xornada. Pero desta volta, coa presenza nas gradas do director técnico da federación galega e do seleccionador infantil, non defraudaron os de Fernando Vázquez. O Procasa fixo un primeiro cuarto, amosando un xogo de moita valía. En defensa a contundencia e intensidade eran altas e cando algún xogador se vía superado chegaban con rapidez as axudas. Esto provocaba continúas interceptacións e perdas de balón no bando coruñés. O contragolpe en segunda oleada era mortal para o O.A.R. con lanzamentos da primeira liña carballesa que perforaban con facilidade a protería local. E en ataque posicional a rapida circulación de balón e os desdoblamentos propiciaba moito desconcerto na defensa oarista. No segundo e o terceiro cuarto non variaron as cousas e os carballeses impuñanse con facilidade. No derradeiro cuarto o técnico de Carballo puxo a xogar ós menos habituais cando o encontro xa estaba totalmente decidido. Hai que destacar dentro do bo nivel de todo o equipo a Diego, Iván e Álex Zas.

0-9 / 1-6 / 2-8 / 7-5

Os colexiados Manuel Saavedra e Nicolás Martínez estiveron mal.