O Calvo Xiria, culminou unha tarde de famila para as Escolas Balonman Xiria. Todas as categorías base e as súas familias estaban presentes para a foto familiar do club antes do encontro; que a priori xa se prevía ía ser emocionante; máis se cabe coa bancada chea de xiareiros aos que se sumaron un bo numéro de afeccionados do Bueu.
Con todos estes alicientes, o partido comezaba moi igualado e cun gran ritmo de xogo por parte de ambos conxuntos. O intercambio de golpes mantiña a diferenza a só un gol, xa fose a favor de Xiria ou dos visitantes. Os últimos 12 minutos de primeira parte, Xiria saía ileso dunha desigualdade numérica; pero Bueu trataba de cambiar o ritmo ao partido variando as defensas e que propiciou demasiadas concesións e goles fáciles para que ao descanso o Bueu comandase con 16 a 18.
Na seguda metade, o Calvo Xiria mellor asentando na parcela defensiva, daba como destacados a Antonio Mato na portería e ao capitán Jorge Bouzas que realizou unha gran labor co seu traballo incansable axudando aos seus compañeiros. Chegados ao minuto 15, o Calvo Xiria poñíase por diante; Luis Montes pedía tempo morto; pero a defensa local vitoreada polos cánticos da súa afección seguían funcionando e o Calvo Xiria con David García como goleador sentenciaba o encontro cun parcial final de 9 a 6; o que deixaba o resultado con vitoria local por 34 a 31.
Calvo Xiria 34 – Bueu Atlético Balonman 31
Calvo Xiria (16+18): Antonio Mato (1p), Samuel Soneira (p), Aarón Rodríguez (1), David García (9), Pablo Veiga (2), Julián García (2), Chimpo Rodríguez (5), Samuel Veiga, Daniel Periscal (1), Orlando Salupassa, Jorge Bouzas (5), Mario García De Seárez (2), Carlos Varela (1), Diego Gago (4), Mario Cancela (1), Senén Garea.
Bueu Atlético Balonman (18+13): Julio Ferreiro (p), Hugo Pérez (p), Pablo Gándara (8), David Iglesias, Diego Lluque (2), Roque Arias (2), Brais López (1), José López (8), Andrés Bacelar (2), Vicente Domínguez, Rubén Augusto (3), Eloy Malvido (1), Adrián Suárez (2), Asier Cerqueira (2).
Árbitros: José Herrera e Alejandro Calderón.
Marcador cada 5 minutos: 2-2, 4-5, 9-8, 11-11, 13-14, 16-18, (descanso), 18-19, 23-23, 25-24, 28-25, 31-28, 34-31 (final).
Incidencias: Partido correspondente a 18ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón Vila de Noia (Carballo).


