O Calvo Xiria cae na casa diante dun Lanzarote máis regular

Cortouse o excelente refacho de resultados que levaba o Calvo Xiria neste 2024. Landbit Lanzarote, líder incontestable da competición visitaba Carballo. A vitoria do equipo visitante fraguouse desde unha defensa sólida, nunha primeira metade marcada polo mal inicio dun Calvo Xiria que lle custaba en exceso en ataque posicional, e iso repercutía no seu balance defensivo, adquirindo o Lanzarote unha vantaxe de 5 goles que administraba ao longo da primeira metade. Chegouse ao descanso cun resultado de 13 a 17; recuperando cara o final as boas sensacións o Calvo Xiria; que lle permitían seguir na loita polo partido.

Na segunda metade, os carballeses foron capaces de poñerse a un só gol, pero erros impropios dun partido deste nivel, devolvían a vantaxe ao cadro insular. Foron minutos con demasiados nervios para un Calvo Xiria que necesitaba minimizar erros. A distancia resultou insalvable, e o Calvo Xiria terminou caendo por 29 a 35, permitindo ao Landbit Lanzarote manterse como líder unha semana máis.

Pola súa banda, o Xiria queda en sexta posición con vinte e seis puntos na súa marcadora. A próxima xornada visitan ao Balonmán Lalín.

Calvo Xiria 29 – Landbit Lanzarote 35

Calvo Xiria (13+16): Darío Calviño (2p), Alejandro Vázquez (p), Aarón Rodríguez (6), David García (3), Fran Rey, Chimpo Rodríguez (8), Ángel Viña, Daniel Persical (1), Diego Antelo (2), Jorge Bouzas, Rubén Anes (1), Carlos Varela (1), Marcos Amarelle, Mario Cancela (2).

Landbit Lanzarote (17+18): Rafael Robayna (3), Joel Armas (6), Acoidan Martín (1), Abián Martín (1), Javier Aragón (3), Marcos Vinicius Santiago (3), Javier De La Cruz, Ander Iriarte, Aday González (1), Óscar Silva (1), Álvaro Torres (3), Miguel Laguna (6), Miguel Ángel Iglesias (7), Asier Morillas.

Árbitros: Javier Jimenez e Álvaro Sierra.

Marcador cada 5 minutos: 0-1, 1-5, 4-7, 5-10, 9-12, 13-17, (descanso), 17-18, 18-21, 18-25, 21-27, 25-30, 29-35 (final).

Incidencias: Partido correspondente a 24ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón Vila de Noia (Carballo).