O Calvo Xiria cae na súa estrea en 1ª Autonómica

O Calvo Xiria cae na súa estrea en 1ª Autonómica

Unha mágoa a derrota do Calvo Xiria na pista do Bm. Samertolameu de Moaña. Na tarde do sábado as carballesas viaxaban para a estrea do seu equipo femenino na competición oficial ata Moaña, para enfrontar a un equipo moi correoso e moi forte na súa casa nas últimas tempadas.

As do Xiria saíron fortes cun parcial de 0-2 nos primeiros minutos aproveitando un mal comezo local, con bastantes imprecisión nas combinacións. A pesar diso, as do Morrazo lograron equilibrar o encontro conseguindo conectar ca pivote na liña dos seis metros e sacando moito proveito a esa solución pontevedresa. Na igualdade da primeira metade, as carballesas non xestionaron ben as situacións de ataque con lanzamentos precipitados que terminaban en blocaxes da defensa ou ben atallados pola gardarredes. Foi aqui onde as verdes sufriron as consecuencias na contra, durante ese periodo ainda que na defensa posicional estaban rendindo a bo nivel. Ó descanso chegouse con leve vantaxe para as pontevedresas (10-9).

Na reanudación o Calvo Xiria non entrou nada ben e foi aproveitado polas locais para chegar ata un 16-11 que parecía por brecha definitiva polas sensacións na pista. Non obstante as do Xiria voltaron ó encontro ata conseguir igualalo(17-17) e incluso un erro na contra ante a porteira que puido por as coruñesas  por diante. Nos minutos finais, os erros no lanzamento lastraron a posibilidade de sumar na súa visita a Moaña, nunha mostra máis de carácter das de Zarra que non deron o encontro por perdido ata o final.

Na vindeira semana o Calvo Xiria recibirá na segunda xornada no Vila de Noia ó Bm. Chapela que perdeu na casa co máximo favorito da categoría, o Bm. Cangas