O Calvo Xiria empata en Porriño

Un partido excesivamente irregular, con demasiadas imprecisións no xogo e que ao final puido decantarse para calquera dos dous equipos. Un empate que parece o máis xusto a teor do demostrado sobre o 40×20.

O encontro empezaba moi igualado, con gran eficacia goleadora e un ritmo alto que ambos equipos quixeron impoñer (min 5, 4-4). o seguinte parcial favorecía aos da casa, que chegaban ao ecuador da primeira metade por diante grazas en parte, aos goles de Pablo Gándara. O Calvo Xiria axustou a súa defensa e daba a volta ao marcador, Porriño tentaba xogar 7×6, e finalizaba a primeira metade cun parcial de 0 a 2;que lle daba vantaxe ao descanso (15 a 17), ao Xiria.

Tras a continuación, o Calvo Xiria moi frío perdía balóns en ataque que ocasionaban goles fáciles no contraataque. Axustouse o resultado, e chegados ao minuto 40, puidemos ver os mellores minutos do Calvo Xiria sobre a pista; parecía que se decantaba o partido a favor dos de Carballo (min 45, 21 a 25); pero os seguintes 10 minutos Porriño realizou un parcial de 9 a 5, aproveitando as perdas de balón dun Xiria pouco constante no seu xogo.

A pesar do infortunio, o equipo pelexou ata o final, e logrou ter o último balón para tratar de gañar. Despois dun tempo morto a falta de 15 segundos, o lanzamento de Chimpo acabaría en gol, que os colexiados anularon por entrar fóra do tempo regulamentario; e acabar o partido en táboas.

O equipo quería brindar un mellor resultado para a afección que se desprazou a Porriño, con trompetas e bombos, e que arrouparon en todo momento aos seus xogadores; pero aínda que non puido ser; hai que valorar que está un paso máis preto do obxectivo da tempada; e espera con gañas o partido contra o Bm Tejina, que se disputará o sábado en Carballo.

Campicarn Martinpex Bm Porriño 31 – Calvo Xiria 31

Campicarn Martinpex Bm Porriño (15+16): Iñigo Silva (3), Gabriel Isidro, Fernando Mosquera, Martín Brandariz, Jesús Maquieira, Iván Fernandes, Xosé Canedo (2), Jose Álvarez, Martín Rodríguez (5), Jonathan Vila, Pablo Gándara (11), Miguel Guedes, Eloy Molanes (4), Nicolás Giraldez, Nahum Pérez (4), Yago Raimundez.

Calvo Xiria (17+14): Darío Calviño (1p), Aarón Rodríguez, Gabriel Castiñeiras (1), David García (1), Fran Rey, Julián García (3), Chimpo Rodríguez (10), Daniel Periscal (4), Diego Antelo (2), Rubén Anes, Carlos Varela (3), Mario Cancela (6).

Árbitros: César Díaz e Carlos Manuel Alonso

Marcador cada 5 minutos: 4-4, 7-6, 10-8, 12-14, 13-15, 15-17, (descanso), 16-17, 20-20, 21-25, 25-27, 29-28, 31-31 (final).

Incidencias: Partido correspondente a 21ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón municipal de Porriño (O Porriño).