Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Sénior masculino

O Calvo Xiria estrea o 2024 cunha importante vitoria no Vila de Noia

A dificultade do partido diante dun rival, o Gáldar de Gran Canaria, que cada tempada vai a máis; sumábanse, ademais, as dúbidas polo parón do Nadal; e saber como respondería…

CALVO XIRIA36
GÁLDAR - GRAN CANARIA30

Ao descanso 15 – 13sábado 13 de xaneiroPavillón Vila de NoiaPrimeira división masculina · Primeira fase · Grupo A · Xornada 16

A dificultade do partido diante dun rival, o Gáldar de Gran Canaria, que cada tempada vai a máis; sumábanse, ademais, as dúbidas polo parón do Nadal; e saber como respondería cada equipo ao partido. Este último feito non pareceu aferctar a ningún, visto o espectáculo que puidemos ver nun Vila de Noia que tiña gañas de balonmán; con 300 afeccionados que levaron polo aire ao Calvo Xiria durante os 60 minutos.

Para este encontro, Adrián Dubra puido contar con dous reforzos de luxo como foron Fran Rey e David García Pichel. Que entraron na rotación da segunda metade para achegar solidez defensiva. Ambos están a traballar desde hai pouco na dináimica do grupo e irán achegando a súa experiencia a un equipo, que quere seguir crecendo.

O Calvo Xiria foi por diante en case todo momento, pero foi no inicio da segunda parte cando logrou romper o partido e distanciarse no marcador. A falta de dez minutos para o final, os carballeses puxéronse 30-25 arriba e non deixaron escapar a vitoria, que terminou chegando por 36-30, sendo os máximos goleadores do encontro Chimpo con 10 goles e Mario Cancela con 9; nunha boa actuación de todo o equipo onde cada un soubo manter a concentración para aclarar situacións en momentos de dificultade.

Calvo Xiria 36 – Gáldar Gran Canaria 30

Calvo Xiria (15+21): Dario Calviño (1p), Alejandro Vázquez (p), Aarón Rodríguez (2), Gabriel Castiñeiras (2), David García, Fran Rey, Julián García (4), Hugo Rodríguez (10), Diego Antelo (4), Mario García, Carlos Varela (1), Marcos Amarelle, Mario Cancela (9), Edu Cousillas (3).

Gáldar Gran Canaria (13+17): Hugo Manuel Rodríguez (p), Saúl Rodríguez (p), Sergio Wagner (7), Jesús Mendoza (2), Emiliano Villaverde (8), Adrian Díaz (1), Joaquín Molina (3), Juan Godoy (1), Carlos Mederos, Nico Diéguez (1), Alejandro Castellano (6), Miguel Hernández y Saulo López (1).

Parciales cada 5 minutos: 3-2, 6-5, 8-6, 11-9, 13-10, 15-13 (descanso) 18-14, 22-18, 25-21, 30-25, 32-28, 36-30 (final)

Árbitros: Francisco Fernández Herrero e Daniel Álvarez Vijande.

Incidencias: Partido correspondente a 16ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón Vila de Noia (Carballo).

O partido

10203010′20′30′40′50′60′3630
CALVO XIRIA GÁLDAR - GRAN CANARIA
Ao descanso
15 – 13
Exclusións
4
Tempos mortos
5

Ver a acta enteira

O seguinte

Sénior masculino20:3019:30 en CanariasCampeonato estatal de primeira división masculina · Liga regular · Grupo A · Xornada 10
"CIUDAD DE TACORONTE" WSCAN LECOMAR 13 MAYO
CALVO XIRIA

Máis sobre isto