O Calvo Xiria gaña ao Bm Porriño para situarse na sétima praza
Dous puntos sufridos para o Calvo Xiria; e un partido con baixas por ambos os equipos; onde as defensas resentíronse pero o poderío ofensivo resaltou sobre o 40×20. O Calvo…

sábado 21 de outubroPavillón Vila de NoiaPrimeira división masculina · Primeira fase · Grupo A · Xornada 6
Dous puntos sufridos para o Calvo Xiria; e un partido con baixas por ambos os equipos; onde as defensas resentíronse pero o poderío ofensivo resaltou sobre o 40×20. O Calvo Xiria foi mellor nesa parcela e os 42 goles reflicten a confianza do equipo no seu xogo de ataque. O Calvo Xiria, consciente de que todos os partidos son oportunidades para lograr puntos; non se relaxou nin un instante ante un equipo visitante, que está a sufrir o cambio de categoría neste primeiro terzo da tempada.
Os carballeses, mantivéronse sempre por diante con diferenzas entre 2 e 4 goles; e tiveron unha oportunidade de romper o partido antes do descanso xogando en superioridade numérica; pero faltoulles eficacia; para resolver no último minuto de primeira parte; polo que ao descanso chegouse con 22 a 18.
Bo arranque, tras o paso por vestiarios, a diferenza incrementouse ata os 6 goles. Tempo morto de Porriño, que serviu para achegarse ata os 3 goles, e volvía meterse no partido a falta de 10 minutos. Pero o Calvo Xiria mantivo o seu nivel goleador ata o asubío final, chegando ata o definitivo 42 a 37.
Calvo Xiria 42 – Campicarn martinpex Bm Porriño 37
Calvo Xiria (22+20): Darío Calviño (p), Alejandro Vázquez (p), Aarón Rodríguez (1), Gabriel Castiñeiras (5), Julián García (4), Chimpo Rodríguez (8), Ángel Viña, Samuel Veiga (2), Diego Antelo, Samuel Regueira, Mario García (3), Carlos Varela (2), Marcos Amarelle, Mario Cancela (10), Edu Cousillas (6).
Campicarn martinpex Bm Porriño (18+19): Nicolás Giráldez (1p), Fernando Mosquera (2), Iñigo Silva (7), David Moreiras (4), Martín Brandariz (4), Mario Chan (2), Jesús Maquieira (1), Aitor Rodríguez, Iván Fernandes, José Álvarez, Martín Rodríguez (2), Pablo Gándara (10), Eloy Fernández, Miguel Guedes, Eloy Molanes (3), Nahum Pérez.
Árbitros: Julio Villanueva e Pablo Torreiro.
Marcador cada 5 minutos: 2-1, 7-5, 12-9, 15-13, 18-15, 22-18, (descanso), 26-21, 30-25, 32-30, 35-32, 38-35, 42-37 (final).
Incidencias: Partido correspondente a 6ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón Vila de Noia (Carballo).
O partido
- Exclusións
- 12
- Tempos mortos
- 4


