O Calvo Xiria vence con autoridade no Grove

O Calvo Xiria segue con paso firme o seu particular camiño nos postos altos da táboa clasificatoria a un só punto do líder e para iso, tivo que impoñerse no día de onte ao BM. Rasoeiro do Grove.

Os de Carballo saíron ao municipal do Monte Dá Vila sabedores da importancia dos dous puntos, mostrando unha solidez defensiva e unha solvencia en ataque sobresainte. No minuto 15 a renda xa era de 6 goles ao seu favor (5-11), diferenza que se mantería ao descanso con ese contundente 9-15. O Calvo conseguía impoñer a súa velocidade na difícil cancha do BM, Rasoeiro e a participación de todos os xogadores  foi clave para manter un ritmo tan elevado.

O dominio foi total no día de onte por parte dos verdinegros, que non fixeron máis que aumentar as diferenzas no segundo acto. Estas, chegarían a ser de 9 goles no minuto 47 (17-26), momento a partir do cal os verdinegros baixarían a intensidade defensiva cos dous puntos xa no peto. Os últimos instantes do encontro convertéronse nun intercambio de accións deslavazadas, nas cales os locais, sempre dignos no seu carácter competitivo, conseguiron asinar unha derrota menos avultada con ese marcador final de 26-29. Cabe destacar o debut do xuvenil Fran Rey nestes 15 minutos finais, do mesmo xeito que a participación do tamén xuvenil Andrés Vila no lateral dereito do equipo bergantiñán.

Rasoeiro BM: 26 (9+17). Angel Moya, Diego Fernández (1), Ignacio Otero, Omar Mosquera (4), Álvaro Iglesias (8), Javier Noya, Sergio Iglesias (1), Francisco Parada, Borja Silva (3), Adrián Besada (2), Adrián Mouco (3), Aaron Vidal, Adrián Fernández, Miguel Roibas (2), Iago Rodríguez (2).

Calvo Xiria: 29 (15+14). Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Andrés Vila, Carlos Vilanova (3), Gabriel Castiñeiras (4), Julián López (2), Brais Puñal, Fran Rey, Pablo Iglesias (10), Hugo Rodríguez (2), Miguel Suárez Pumariega (1), Juan Carlos Rodríguez (3), Manuel Méndez (1), Jorge Bouzas (3), Sergio Facal, Alejandro Calvete.

Parciais cada 5´: 2-5/4-8/5-11/7-13/8-14/9-15/Descanso/12-18/14-21/16-24/19-27/23-28/26-29/Final.

Colexiados: Cristian Dasilva e Tomasi García. Estiveron ben.

Incidencias: 9ª xornada da 1ª nacional masculina celebrada no pavillón municipal Monte Da Vila de O Grove  ante cincoenta seareiros.