O Goldie Xiria vence sen complicacións diante do Balonmán Taboada
Balonmán Taboada 5 -Goldie Xiria 30 (0-11) Desprazábase o equipo carballés a localidade lucense de Taboada a medirse diante do derradeiro clasificado, enfrontamento de trámite que sacou adiante o Goldie…

Balonmán Taboada 5 -Goldie Xiria 30 (0-11)
Desprazábase o equipo carballés a localidade lucense de Taboada a medirse diante do derradeiro clasificado, enfrontamento de trámite que sacou adiante o Goldie sen complicacións.
Nun partido sen maior historia, o Goldie Xiria aproveitou para imprimir maior velocidade a saída do contraataque, nun pavillón con pouca luz e moito frío, custoulle entrar en xogo as xogadoras carballesas, que aproveitaron a súa superioridade para facerse cunha fácil vitoria**.** O seu rival dedicouse na segunda metade a dar golpes e facer agarróns sobre as carballesas, que gardaron a compostura e as formas ante a pasividade arbitral.
Balonmán Taboada: Rut (porteira), Sonia 1, Andrea, Lucía, Oliva 4, Olatz, Alba, Ana Noelia, Lara, Noguerol e Nerea
Goldie Xiria: Leticia Casal (porteira) Juana Garrochena 5 ,Elena Segade 4, Adriana Gómez 2, Jessica Posse 2, Laura Carracedo 3, Sheila Ferreiro 1, Alba Pombo 2, Natalia Solís 2, Zeltia Landeira, 2, Marta Regueira 2 e Raquel Gómez 5.
Arbitraron: Manuel Docampo e Diego Vázquez, excluiron a Oliva (3), Ana, Andrea, Lara e Nerea polo Bm. Taboada