O Grupo Lemaco levouse o derbi contra o OAR grazas a unha gran defensa
Os cadetes do Grupo Lemaco volveron dar mostras do bo momento que atravesan cunha incontestable vitoria no derbi fronte ao OAR de A Coruña. Os carballeses comezaron moi serios no…

Os cadetes do Grupo Lemaco volveron dar mostras do bo momento que atravesan cunha incontestable vitoria no derbi fronte ao OAR de A Coruña.
Os carballeses comezaron moi serios no encontro, despregando un gran traballo no eido defensivo e poñendo en serias dificultades ao OAR, que no minuto 6 perdía 6-1. O técnico herculino solicitaba un tempo morto para intentar reconducir a situación pero o Xiria non afrouxaría en defensa e cunha gran aportación de Samuel, que estivo moi atinado detendo ata 12 lanzamentos neste primeiro tempo, o Grupo Lemaco foi aumentando pouco a pouco a vantaxe no marcador ata chegar ao descanso 10 arriba (18-8).
Os xogadores do Xiria sabían que un bo inicio deste segundo tempo sería clave para deixar resolto o encontro e dito e feito, os locais saíron coma unha apisoadora e cun parcial de 7-0 rompían definitivamente o partido.
Nos seguintes minutos o encontro perdeu en calidade pero gañou en goles, o Grupo Lemaco non deixou de correr e a fame de gol dos xogadores fixo que se acadara unha ampla vantaxe ao remate do encontro.
GRUPO LEMACO XIRIA – 43 (18+25): José (1), Pablo (2), Tasende (4), Fran (5), Antón (4), Vila (7), Miguel (3), Ronaldo (4), Andy (3), Roi (1), Renzo (1), Urbieta (5), Manuel (1), Pombo (2) e Samuel.
OAR CORUÑA – 18 (8+10): Diego I. (2), Raúl, Jose (1), Diego V. (3), Daniel M., Suárez, Jaime, Daniel F., Anxo (1), Maroño, Juan (5), Adrián (5), Alejandro (1) e Javier.
Marcador cada 5 minutos: (5-1), (8-3), (11-5), (13-6), (16-7), (18-8) // (25-8), (28-10), (31-12), (33-14), (36-15) e (43-18)
A vindeira xornada o Grupo Lemaco visita ao Academia Octavio nun emocionante encontro no que os carballeses irán a por todas intentando repetir o resultado do encontro de ida onde o Xiria vencera 28-26. Lembremos que se trata dun rival directo na loita polos postos que dan acceso a xogar o Campionato de España.
Clasificación trala 16ª xornada:
Fotos do encontro:
