Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

O Grupo Lemaco Xiria vence con superioridade ao Bm. Porriño e xogarase o pase á final da Copa Federación na última xornada co Octavio

Os cadetes do Grupo Lemaco Xiria acadaron unha contundente vitoria fronte ao Bm Porriño nun encontro moi desigual que os locais levaron pronto ao seu terreo e non deron opción…

Os cadetes do Grupo Lemaco Xiria acadaron unha contundente vitoria fronte ao Bm Porriño nun encontro moi desigual que os locais levaron pronto ao seu terreo e non deron opción algunha á sorpresa.

A boa intensidade defensiva amosada dende o primeiro minuto e a gran aportación de Samuel baixo paus permitía acadar unha cómoda vantaxe xa nos primeiros compases do encontro que deixaba ben claro a seriedade coa que o Grupo Lemaco afrontaba o envite.

A boa actuación en defensa permitía rápidos contragolpes que ían ampliando a brecha de goles a prol dos carballeses. Ao descanso 29-10.

Na segunda metade, co encontro xa roto, o partido perdía un pouco de intensidade, os do Xiria concederon máis opcións aos do Porriño que puideron recortar un pouco a diferenza final (51-27).

Na vindeira e última xornada da fase de grupos para os carballeses, viaxan a Vigo para enfrontarse ao Academia Octavio. 1º e 2º clasificado do Grupo I enfróntanse nun encontro que con toda probabilidade decidirá quen vai ser o equipo que xogue a Final de Copa contra o campión do Grupo II. Esta final será o 29 de Maio.

GRUPO LEMACO XIRIA – 51 (29-22): José (1), Sergio (4), Fran (7), Antón (11), Miguel (2), Ronaldo (3), Andy (6), Mario, Roi (4), Renzo (1), Urbieta (5), Pedro (3), Manuel (1), Sergio (3) e Samuel.

BM. PORRIÑO – 27 (10+17): Mario (2), Ángel (2), Saúl, Alex (3), Iván (1), Rubén (1), Jesús (4), Miguel (2), Samuel (2), Joao (1), Nahum (9) e Alai.

Clasificación trala 5ª Xornada:
Clasificación

Fotos do encontro: