Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

PORTADEZA LALÍN 38 – DECORACIONES J. BELLO XIRIA 23

Portadeza Lalín: 38 (19+19): Dani, Moreta (6), Duarte (6), Pedreira (5), Jorge (5), David (5), Arón (2) -equipo inicial- Javi (1), Xoan (1), Brian (3), Marcos (3), Fabián (1). Decoraciones…

Portadeza Lalín: 38 (19+19): Dani, Moreta (6), Duarte (6), Pedreira (5), Jorge (5), David (5), Arón (2) -equipo inicial- Javi (1), Xoan (1), Brian (3), Marcos (3), Fabián (1).

Decoraciones J. Bello Xiria: 23 (13+10): Buño, Iván (8), Julián (3), Diego, Alberto (5), Enrique (1), Dani (2) -equipo inicial- Miguel, Lolo (2), Raúl(1), Jorge, Cristian(1)

Colexiado: Ignacio Obenza.

A pesar de saír coma un ciclón e de comandar o partido nos primeiros instantes, 1-3, o J. Bello Xiria non foi quen de aguantar as embestidas dun dos equipos chamados a liderar a clasificación o remate da liga, o Portadeza Lalín.

Nos primeiros compases, os de Carballo facíanse donos do encontro baseándose na súa retagarda, na boa actuación do seu porteiro e nos rápidos contragolpes que acostumaban rematar dentro das mallas do conxunto local. O Portadeza Lalín, que empezara o choque confiado pero sen ritmo, pouco a pouco aumentaba a intensidade e no meridiano desta primeira parte o envite convertíase nun toma e daca. Primeiro achegábanse os locais ata o empate cun parcial de 4-0 e despois seguían impoñendo o seu ritmo e calidade para afastarse dos carballeses por ata catro goles de diferenza. A continuación o Xiria respondía e conseguía empatar de novo o encontro. Repetíase o proceso nunha ocasión máis e os de Lalín distanciábanse de tres goles para volver a igualarr de novo os de Xiria. Foi nos últimos minutos desta primeira metade cando os bergantiñáns perderon algúns balóns de forma continuada e dalgunha maneira todo o traballo feito ata o momento, xa que o Portadeza convertía os “regalos” en contragolpes individuais e remataban a primeira parte con seis goles a favor, 19-13.

O comezo da segunda parte transcorreu con un absoluto dominio do equipo lalinés, impoñendo a súa calidade en todas as accións do xogo. O trunfo final caía do lado do equipo do Deza que sumaba dous puntos máis e continua invicto neste campionato.

O vindeiro domingo, 4 de decembro, o Decoraciones J.Bello Xiria recibe no Vila de Noia a un dos equipos máis potentes da competición, o Lavadores vigués. O partido xogarase ás 10.30 h.