Preinscricion Campus Tecnificación 2020

En Escolas Balonmán Xiria somos conscientes da necesidade de organizar o Campus de Tecnificación 2020, pola importancia que este ten para a mellora continua dos nosos xogadores e xogadoras e para a propia entidade. Como é habitual, desenvolverase nos meses de xullo e agosto de 2020. Dadas as especiais circunstancias que rodean a edición de este ano a súa celebración está condicionada á obtención dos correspondentes permisos das administracións competentes.

Haberá límite de prazas, e estas serán asignadas por orde de chegada.

Na Preinscrición do Campus de Tecnificación 2020 non se esixirá abono algún, unha vez rematado este período, abrirase un novo prazo para confirmar as inscricións e realizar os ingresos, xa xestionadas as autorizacións correspondentes.

Será un reto difícil pero coa colaboración das familias debemos ir recuperando a normalidade.


Dacordo ao establecido na Lei Orgánica 15/19999 do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal, informámoslle de que os datos persoais que nos facilite serán incorporados a un ficheiro titularidade de Escolas Balonmán Xiria, con domicilio en Rúa Vila de Noia, s/n 15100 Carballo - A Coruña, que cumpre coas medidas de seguridade esixidas no Real Decreto 1720/2007 do 21 de decembro, e cuxa finalidade é a correcta xestión das distintas actividades impartidas pola empresa.

Escolas de Balonmán en Carballo, A Coruña