PROCASA XIRIA 36 – TIRSO DE MOLINA 13

Procasa Xiria: Alejandro, David (4), Brais (2), Luís (2), Iago (7), Joaquín (2), Miguel (11) -equipo inicial- Heitor, Ivan, Antón (6), Jorge (2), Damian, Bisbi, Ricardo.

Tirso de Molina: Rafael, Carlos (1), Garcia (3), Gonzalo (2), Jaime, Adrián (4), Jesus -equipo inicial- David, David C., Rufino, Vieira, Alejandro (1), Pedro (2).

Colexiados: O colexiado Vicente Pérez non influiu no resultado final..

O Procasa Xiria acadou unha victoria máis na súa cancha, esta vez na copa, e fixoo ante un equipo a día de hoxe moi inferior os de Carballo, como e o Tirso de Molina de Ferrol, o que ben a demostrar o baixo nivel da competición local ademais da escasez de equipos. Os de Ferrol non foron en ningún momento rival para os de Carballo a pesar de non facer os carballeses un bo encontro.

Dende o primeiro minuto púxose por diante o equipo local e non tardou en poñer terra de por medio ata o 21-3 do descanso que facia ver ben ás claras a diferenza entre un e outro equipo.

Na segunda parte o Procasa Xiria mantivo e incluso aumentou a diferenza, a pesar dos cambios feitos polo adestrador local, Fernando Vázquez, que repartiu minutos por igual entre todos os seus xogadores. No tramo final os ferroláns recortaron algún gol para deixar o marcador final en 36-13.

O Procasa Xiria debe continuar na busqueda de esa intensidade e concentraccion tan necesaria neste deporte e que por extensión levará os individuos a conquerir os obxectivos tanto individuais como colectivos.