12/12/2004 1ª XORNADA
PUNTA DEL ESTE XIRIA: Raquel, Iria ( 4 ), Juana ( 6 ), Jessica ( 2 ), María ( 8 ), Patricia ( 1 ), Jennifer – equipo inicial – Cristina, Agrelo, Rodríguez ( 1 ), Diana.
ESC. MPAL. CAMARIÑAS: Marta ( 2 ), Laura ( 2 ), Katrina, Iria, Carmen ( 1 ), Inés ( 2 ), Isabel – equipo inicial – Diana, Adriana, Antía, Tamara, Tania, Sheila.
O equipo cadete feminino do Punta del Este Xiria iniciou a súa andanza na liga provincial acadando unha victoria ante o Escola Municipal de Camariñas por 22 a 8.
As diferencias de nivel entre os dous equipos son importantes e veñen agrandadas pola rodase competitiva de cinco das xogadoras carballesas que teñen habitualmente minutos no equipo xuvenil que disputa a liga galega.
Dende os primeiros intres o cadro carballés colleu o mando no marcador e non o abandonou ata o final. So a relaxación en certas accións e a falla de contundencia en outras fixo que a diferencia final non fose maior.
A vindeira semana o Punta del Este desprázase a Oleiros a disputar a segunda xornada ante un rival totalmente descoñecido, co obxectivo de acadar dous novos puntos.
O colexiadoS Srs. Pelaez e Piñeiro cometeron demasiados erros de apreciación de cara os dous equipos.
