PUNTA DEL ESTE XIRIA 37 – Bm. Riveira 3
29/03/2004 5ª XORNADA PUNTA DEL ESTE XIRIA: Raquel, Adriana ( 2 ), Iria ( 6 ), Paula ( 6 ), Uxía ( 2 ),Fernanda ( 4 ), María ( 8…
29/03/2004 5ª XORNADA
PUNTA DEL ESTE XIRIA: Raquel, Adriana ( 2 ), Iria ( 6 ), Paula ( 6 ), Uxía ( 2 ),Fernanda ( 4 ), María ( 8 ) – equipo inicial – Jessica , Marta, María Gómez, Juana (7 ), Yanin ( 2 ).
BM. RIVEIRA: Eva, Beatriz ( 1 ), Ana R. ( 1 ), Victoria, Ana A., María, Ana B. – equipo inicial – Marta, Laura, Tania ( 1 ), Nora, Clara, María.
O Punta del Este Xiria acadou a terceira victoria na liga territorial cadete feminina ante o Balonmán Riveira por un esmagador 37 – 3, co que practicamente asegura a súa participación no campionato galego cadete.
Non tivo mais historia o enfrontamento que o primeiro gol por parte do equipo visitante que se puxo por diante no marcador, pero a partir deste intre impúxose a calidade do conxunto carballés que se amosaba forte en defensa e irregular en ataque, sobre todo nas transicións.
Na segunda metade non cambiou a tónica defensiva, mentres se obtiñan mellores resultados no contraataque ante un equipo que aínda se atopa moi verde para a competición.
A vindeira xornada enfronta ó Punta del Este Xiria co Balonmán Camariñas na que será a derradeira xornada desta primeira fase.
3-1 / 5-1 / 8-1 / 11-1 / 13-2 / 16-2 / 20-3 / 22-3 / 26-3 / 29-3 / 34-3 / 37-3
O colexiado Sr. José I. Pereira non tivo complicacións.