Queda o Calvo Xiria sen marxe

Cando quedan cinco xornadas por disputarse na 1ª Estatal Masculina, ve o Calvo Xiria como a renda acadada logo dunha primeira volta inmaculada esfúmase, e queda sen marxe de manobra se quere acadar a primeira posición ao remate da liga. A derrota no Porriño por máis de tres goles deixa ao conxunto carballés cun so punto de diferenza co segundo e dous co terceiro e cuarto, cos que si ten gañado a diferenza de goles, o que lle da a clasificación matemática para a fase de ascenso acadando oito dos dez puntos en xogo.

No partido do pasado sábado, a falta de mobilidade no ataque verdinegro foi unha lousa que marcou o partido no segundo tempo, sumado aos erros de lanzamento en momento decisivos do encontro. Aproveitou perfectamente o Construcciones Castro os agasallos dos carballeses para por unha diferenza de +7 que manexaron perfectamente os xogadores porriñeses, sobrados de experiencia para este tipo de situacións.

Agora inicio o Calvo Xiria a parte derradeira da tempada, na que  cada partido será unha final e na que os folgos dos incondicionais dos carballeses serán vitais para ir partido a partido achegándose ao obxectivo de poder xogar por segundo ano consecutivo a fase de ascenso.

Incidencias: partido disputado no Pavillón do Porriño ante preto de 300 seareiros, con case un cento desprazado dende Carballo. Colexiados: Alejandro Hoz Fernández e Axel Riloba Pereda do colexio cántabro. Castigaron con exclusión polo C. Castro  Porriño a Arkaitz Vargas (5´), Jorge Fontenla (18´), Samuel Pereiro (32´), namentres polo Calvo Xiria foi sancionado Brais Puñal (34´). 7 metros: C. Castro Porriño  4//4   Calvo Xiria 3//5. Marcador cada 5 minutos: 1-1, 4-4, 5-7, 6-9, 8-10, 11-11 descanso, 14-11, 16-13, 18-13, 21-15, 21-17, 25-21.

CONSTRUCCIONES CASTRO BM PORRIÑO 25 (11+14): Adrián Boullosa [p], Jesús M. Soliño [p], Arkaitz Vargas (2), David Moreiras, Gabriel Isidro (1), Samuel Pereiro (1), Adrián Rodríguez, Roberto Couso (6), David Escudero (3), Pablo Martínez, Alejandro Pereiro (1), Pablo Sánchez (3), Jorge Fontenla (8), Fermín Bazaga, Martín Dávila, Sergio Pereira.

CALVO XIRIA 21 (11+10): Santiago Gómez [p], Martín Gómez [p], Brais Puñal, Pablo Iglesias (2), Uxío Batán, Sergio Facal, Gonzalo Pombo (2), Alejandro Calvete (1), Javier Rodríguez (2), Julián López, Hugo Rodríguez (6), Martín Alfeirán, Jorge Bouzas (4), Manuel Méndez (1), Miguel Suárez-Pumariega (2), Juan Carlos Rodríguez (1).