Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

RASOEIRO BM 26 – GARAYSA XIRIA 29

Rasoeiro Bm 26 (13+13): Rubén, Sergio, Ernesto, Adrián Nimo, Miguel (8), Amir, Pablo (2), Cristian Álvarez (1), Antonio (4), Adrián Mouco (9), Cristian Otero, Ángel (2). Garaysa Xiria 29 (18+11):…

Rasoeiro Bm 26 (13+13): Rubén, Sergio, Ernesto, Adrián Nimo, Miguel (8), Amir, Pablo (2), Cristian Álvarez (1), Antonio (4), Adrián Mouco (9), Cristian Otero, Ángel (2).

Garaysa Xiria 29 (18+11): Jorge, Cristian (5), Daniel Garcia (1), Iván (2), Óscar, Alberto (3), Julián (10), Enrique (4), Raúl (2), Diego, Manuel (2), Daniel Buño, Gabriel, Francisco Javier.

Colexiados:
Importante vitoria do Garaysa Xiria na cancha do Rasoeiro que permite aos de Carballo sumar dous novos puntos, e xa van seis de xeito consecutivo, e continuar escalando postos na clasificación.

A pesar da vitoria, os carballeses non comezaron ben o partido, sen mostrar ansias por romper o encontro dende o inicio, xa que o xogo do Rasoeiro era o máis lento posible. Os xogadoresdo Garaysa contaxiáronse do ritmo de xogo do ritmo de xogo dos locais. Nas tarefas defensivas os xogadores carballeses amosábanse moi estáticos, permitindo o xogo cómodo por parte dos primeiras liñas e do pivote dos do Grove. No plano ofensivo os rapaces do Garaysa pecaron de demaisado xogo individual tomando decisión erróneas en moitas ocasións. Destacar a aportación ofensiva de Julián, con dez tantos, e o traballo de Daniel García, no centro, cortando moitos balóns en defensa e xenerando bo xogo en ataque, a pesar de que non puido actuar na segunda metade por un problema nas costas.

O seguinte partido para o Garaysa Xiria será o vindeiro sábado, ás 12.15 h, no Pavillón Bergantiños, fronte ao Balonmán Ártabro. Importante partido para ambos conxuntos xa que o sistema desta competición obriga ao peor clasificado de cada provincia a xogar unha fase pola permanencia.
¡¡Ánimo aos xogadores e a facerse fortes na casa!!