Remate das Escolas de Verán 2017

O pasado xoves 31 dabamos por finalizadas as nosas Escolas de Verán. Un ano máis puidemos gozar xunto aos pequenos e pequenas de diversas actividades coas que pasamos as mañás do verán da mellor maneira posible. Este pasado mes de agosto, ademais das actividades que viñamos realizando con normalidade (teatro, manualidades, medio ambiente e informática), contamos con diversas actividades extraordinarias: Concurso de gorros, festa de xogos tradicionais, balonmán na praza do concello, festa hawaiana e excursión ao museo do xoguete.
Pasamos un verán moi divertido, esperamos que os nenos e nenas que asistiron gozasen ao máximo como o fixeron as monitoras/es. VÉMONOS PARA O ANO. GRAZAS