3 días, 187 partidos, 48 equipos, 750 xogador@s, 2000 seareir@s. Espectáculo na pista e un inmellorabale ambiente nas bancadas. Nov@s amig@s, compromiso de volver o vindeiro ano. Nestas poucas, mais intensas verbas poderiamos resumir o que foi «Carballo Handball Festival´15″…si nos quedamos na superficie, porque un evento deste calibre require moito, moito máis…
Por unha parte o empeño de Escolas Balonmán Xiria en facer un evento distinto, novo, fresco. Por outra a iniciativa do Concello de Carballo para decidir organizalo dende Turismo de Carballo, «Carballo a un paso» e Carballo Deporte. Calvo, Laber, Goldie, Grupo Lemaco, Garaysa, Marmolería José Rey, Ifecgas Pereira, Punta del Este, LK, Oak English Centre, Bercom, Marfrío, Feiraco, Casa Grande de Xanceda, Tourline Express, Conservas Cortizo, Noribérica, Confremar, Ganadería A Portela, Lugo Carne, Queserías Prado, La Abuela, Federación Galega de Balonmán, tod@s apoian e cren en Escolas Balonmán Xiria. E agora toca a quenda do que máis orgullosos nos sentimos: nais, pais, xogador@s, seareir@s que dun xeito voluntario e altruísta doan o seu tempo a Escolas Balonmán Xiria. Sen a unión de todos eles na procura dun obxectivo común non sería posible conseguilo, damos por pechado «Carballo Handball Festival´15» agradecendo a tod@s o apoio que nos prestan. GRAZAS!!!