Roberto Álvarez, do Balonmán Lalín, nova fichaxe
Xa podemos confirmar a fichaxe de Roberto Álvarez. Trátase dun xogador formado na canteira do Balonmán Lalín, unha das mellores de Galicia, e que desenvolveu toda a súa traxectoria nas distintas…
Xa podemos confirmar a fichaxe de Roberto Álvarez. Trátase dun xogador formado na canteira do Balonmán Lalín, unha das mellores de Galicia, e que desenvolveu toda a súa traxectoria nas distintas categorías do conxunto dezano dende os 8 anos. Nas 3 últimas campañas militou no Portadeza-Lalín de 1ª Estatal. O seu xogo desenvólvese habitualmente na posición de lateral dereito, aínda que tamén pode xogar no extremo dereito, mide 1’92 m, é zurdo e conta con 20 anos de idade. Non se incorporá á pretemporada do Calvo Xiria ata o mes de setembro xa que se está a recuperar dunha rotura do tabique nasal, aínda que si fará un traballo específico para estar ao mesmo nivel que o resto da plantilla cando se incorpore en setembro. Con esta xa son cinco as incorporacións ao equipo: Bruno, Álex, Dubra, Hugo e Roberto.