SD TEUCRO AEGÓN SALUD 34 – VIPECÓN XIRIA 25
SD Teucro Aegón Salud 34 (17+17): Gonzalo, José (3), Carlos (3), Andrés (11), Fran (7), Eric (4), Tarrío (5) –equipo inicial- Luís, Dani, Julio (1), Puente, Álex, Adrián. Vipecón Xiria…
SD Teucro Aegón Salud 34 (17+17): Gonzalo, José (3), Carlos (3), Andrés (11), Fran (7), Eric (4), Tarrío (5) –equipo inicial- Luís, Dani, Julio (1), Puente, Álex, Adrián.
Vipecón Xiria 25 (16+9): Bisbi, David (14), Miguel (7), Jorge Viñas (3), Álex (1), Rubén, Jorge Bouzas -equipo inicial- Martín, Heitor, Iván Eiroa, Javi.
Colexiados: Fernando Eiras e Antonio Moledo.
Disputábase na División de Honra cadete, quizais, un dos partidos máis complicados cos que se pode atopar o Vipecón Xiria. O rival dos carballeses era SD Teucro, un dos favoritos xunto co OAR a facerse co título.
O partido comezou cun equipo carballés descoñecido na súa actitude e no seu xogo de ataque e contraataque. Foi o Vipecón Xiria un equipo sen ritmo e moi estático, algo inusual no seu xogo, pero a realidade é que os de Carballo estaban a ter o seu peor día no momento máis inoportuno. Ao remate da primeira metade os visitantes seguían a estar no partido, 17-16, pero o xogo despregado non deixaba boas sensacións e expectativas cara á reanudación.
Na segunda metade, tal e como se aventuraba, os locais deron un arreón aproveitando a feble defensa carballesa e escapaban no marcador con unha diferenza de catro goles que foi aumentando segundo ían pasando os minutos, unha renda que para o Vipecón foi xa imposible de recurtar a medida que corrían os minutos e aparecían os primeiros síntomas de cansancio. No remate do partido, o 34-25 parece que e unha diferenza irreal entre estos dous planteis, pero, en calquera caso, si que e a que houbo neste encontro. Derrota dolorosa, pero que non ten repercusión na clasificación do Xiria que continua ocupando a segunda posición, aínda que podería permitir que o OAR se poña como lider en solitario de gañar o seu partido desta xornada.
O próximo partido para o Vipecón Xiria disputarase o vindeiro sábado, ás 10.30 h, no Pavillón da Zona Escolar, precisamente ante o líder e único equipo invicto na competición, o Caixanova OAR.