Semifinais Copa Galicia
Xa se coñece data, hora e rival para a semifinal da Copa Galicia. O Calvo Xiria, que derrotou ao Bueu At. nos cuartos de final, deberá enfrontarse ao equipo a…

Xa se coñece data, hora e rival para a semifinal da Copa Galicia.
O Calvo Xiria, que derrotou ao Bueu At. nos cuartos de final, deberá enfrontarse ao equipo a priori máis forte da comunidade e da competición, o Cangas Frigoríficos do Morrazo da liga Asobal, que ven de derrotar ao OAR Coruña en cuartos.
O partido dispurase o venres, 1 de setembro, ás 21.00 h no Pavillón Municipal de Chapela (Redondela). A outra semifinal, que se disputará tamén en terras redondelás, enfrontará aos vencedores do choques Balomán Lalín – Cisne Bm e Atl. Novás – Teucro.
A gran final será o sábado, 2 de setembro, ás 15.45 h, no pavillón Mpal. das Travesas (Vigo), xusto antes da celebración da final da Supercopa de España Feminina .


