Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

SEMIFINAL DE COPA INFANTIL MASCULINA

Na categoría infantil as semifinais do Torneo Delegación Territorial depararán un duelo fraticida entre os dous equipos carballeses, o Ifecgás Pereira Xiria e o Procasa Xiria, hoxe venres, ás 17.15…

Na categoría infantil as semifinais do Torneo Delegación Territorial depararán un duelo fraticida entre os dous equipos carballeses, o Ifecgás Pereira Xiria e o Procasa Xiria, hoxe venres, ás 17.15 h, no Pavillón Bergantiños de Carballo. O resultado obtido polo Ifecgás Pereira Xiria na derradeira xornada da fase de grupos, unha derrota na pista do OAR, condeou ao equipo infantil carballés de segundo ano a ser segundo do seu grupo e terse que medir aos seus compañeiros de club de primeiro ano que xa tiñan asegurada a primeira praza do seu grupo.
Na semifinal, sobre o papel, o Ifecgás Pereira Xiria parece o favorito (só perderon dous encontros esta temporada, teñen maior experiencia, mellor físico e antopometría …), sen embargo non se poden fiar dos seus compañeiros máis cativos que xa os puxeron en apretos durante moitos minutos dos dous encontros que diputaron entre eles nesta campaña. Os rapaces do Procasa Xiria, independentemente do resultado e de como lle estean a sair as cousas, sempre poñen unha actitude, gañas e intensidade no xogo encomiables, non dando nunca un balón nin un partido por perdido.