Gran victoria a domicilio dun Nordata moi combativo que non deixou de creer ata o final, nun encontro onde non comezaron ben as cousas e onde as de Redondela conseguiron as primeiras vantaxes do encontro.
Con seis minutos disputados, onde as carballesas mostrábanse blandas ante a s penetracións da primeira liña rival, as diferencias chegaron ata un 7-2 que non prexasiaba nada positivo.… Seguir lendo >>
Un descoñecido Nordata caeu este pasado domingo ante o Bm. Culleredo, tras un encontro no que a pesar de non mostrar a súa mellor imaxe, as carballesas tiveron opcións ata os derradeiros minutos do encontro.
As do Xiria comezaron máis acertadas que as coruñesas(5-7, min.15) o que obrigou ó adestrador cullerdense a solicitar un tempo morto.… Seguir lendo >>
Unha mágoa para o Nordata Xiria non poder acadar un resultado mellor ante un dos favoritos para levarse o campionato de Liga Ouro. As carballesas competiron de principio a fin ante un At. Guardés cun puntiño máis a día de hoxe, e que tivo moitísimas dificultades para superar a un Xiria con baixas importantes pero que en ningún caso foron determinantes pola boa actuación de todas as xogadoras.… Seguir lendo >>
Non puido sumar puntos o Nordata Xiria na súa visita o Lalín Arena este domingo, onde as carballesas enfrontaban de novo ó que fora o seu rival no Play Off de clasificación da Liga Ouro.
O encontro comenzou con moita igualdade e alternancias no marcador, cun Nordata quizais mellor plantado pero moi desacertado nas finalizacións, A defensa en bloque das dezanas foi ben superada polas verdes, pero topaban cada vez ca gardarredes que se erixiu no mellor baluarte local para manter a vantaxe de dous goles no descanso(11-9)
No segundo tempo as de Zarra saíron entonadas logrando empatar o encontro nos primeiros intres, pero entraron nunha fase de erros e imprecisións que permitiron o Coreti Lalín escapar ata cinco goles de distancia.… Seguir lendo >>
Disputadísimo encontro o que enfrontou na mañá do domingo os dous equipos que disputaron a Final da Supercopa no mes de agosto en Cangas, o Nordata e oTecnosat Cangas.
Mal comezaron as cousas para as do Xiria, non tanto polo xogo pero si polo desacerto de cara a porta, onde as boas accións combinativas paraban no muro que se convertiu a gardarredes do Morrazo unha vez tras outra.… Seguir lendo >>
O Nordata Xiria acadou un posto na Liga Ouro despois de rematar segundas nun Play Off moi igualado con resultados moi disputados en todos os seus encontros.
O primeiro partido disputárono ante o Coreti Lalín, que despois se proclamou campeón do sector, nun encontro onde a igualdade no marcador non se quebrou en ningún momento.… Seguir lendo >>
Ata Vigo se desplazaron as nenas do Nordata Xiria na segunda xornada da Fase de Clasificación da categoría infantil femenina para medirse ó Galicia Social vigués.
As locais comezaron o encontro con máis folgos que as carballesas que non daban controlado os ataques vigueses.… Seguir lendo >>
Escolas de Balonmán en Carballo, A Coruña