Torneo de Selecións Provinciais Infantís e Alevín

O vindeiro sábado, 16 de xuño, celébrase en Lugo o «4ª Torneo de Selecións Provinciais Infantís Masculino e Feminino e Alevín Mixto», no que participarán os combinados representates de cada unha das provincias de Galicia.
Para este torneo foron seleccionados/as para formar parte do combinado coruñés os seguintes xogadores/as das Escolas de Balonmán Xiria:

– Do Procasa Xiria, infantil masculino: Miguel Suárez-Pumariega Órtiz, Brais Pazos Pérez, David García Pichel e Jorge Bouzas Pichel (este último non poderá acudir por motivos persoais)
– Do Delicatessen D-Vicio Xiria, infantil feminino: Sara Morandeira Seijas, Belén Moya Arán, Aida Vizcaíno Regueira, Carolina Arán Pose, Cristina Sande Sánchez, Rosana Pombo Cruz e María García Vilanova.
– Do Caixanova Xiria, alevín: Miguel Abad Hermidas, Julián López Villar e Luís Iglesias Pacoret

Por outra banda, os xogadores do Ifecgás Pereira Xiria Ramón Suárez-Pumariega Ortiz, Aván Amarelle Gesto e David Botana Otero «Boti» foron convocados para un adestrameneto que a Selección Galega Xuvenil realizará o vindeiro domingo 17 no Pavillón Principe Felipe de Pontevedra, e Álex Zas Rey foi convocado para un adestramendo que a Selección Galega Cadete Masculina realizará o vindeiro domingo na localidade pontevedresa de Chapela.

En canto ás rapazas, as xogadoras do Punta del Este Xiria Berta Rodriguez, Sheila Lavandeira, Mariana Velazco, Cristina Sande, Marta Aran e Gabriela Castro foron convocadas para un adestramento que a Selección Galega Xuvenil realizará o sábado 16 no Pavillón San Francisco Xabier da Coruña.