UNIVERSIDAD DE LEÓN ADEMAR 27 – CALVO XIRIA 26

Univ. de León Ademar: Yeray, Edu (2), Gómez (5), Millán (4), Garza (4), Javi (1) e David Silván (3) –equipo inicial- Álvaro, Chamorro (6), José, Marcos, Andoni (1) e Felipe (1).

Calvo Xiria: Quique, Alberto (2), Hernán (1), Javi Zas (2), Marcos (7), Fernando (3) e Carlos (1) –equipo inicial- Víctor, Cuco, Nando, Chimpo (5), Pablo (2) e Dubra (3).

Colexiados: Os colexiados leoneses Reguero e Blanco, mal mantendo o nivel da categoría.

Parciais cada 5 min: 4-2, 5-5, 6-6, 9-9, 12-12, 15-14, 18-14, 19-15, 21-19, 22-23, 24-23, 27-26.

O Calvo Xiria caeu derrotado na súa visita ao Universidad de León Ademar por 27-26 cun tanto anotado no último segundo.

Tampouco puido ser desta volta, aínda que nesta ocasión os merecedores da victoria fosen os de Carballo que coa chegada ó banco de David Patiño amosan unha clara melloría no xogo semana a semana.

Que cara tan diferente á ofrecida na pasada xornada, cun equipo que saíu a polo encontro desde o asubío inicial a pena foi o desacerto en situacións claras ante o porteiro despois de trenzar xogadas aínda non vistas ata este día e cando se producía algún desaxuste defensivo aparecía un pletórico Quique que estivo fantástico. O segundo tempo non comezou ben pero os do Xiria foron quen de refacerse e guiados pola inspiración de Marcos remontaron unha diferencia de 4 goles e mesmo se puxeron por diante. Esto levou a chegar ós derradeiros compases do choque con igualdade no marcador e cando o empate parecía cantado un golpe franco ben interpretado polos locais restando 6 segundos fixo que o balón entrase na rede xusto no instante que soaba a bucina

Agora só queda mirar cara a diante traballar pola semana para traer o domingo dous puntos de Pinto.