Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Sénior masculino

Vitoria do Calvo Xiria

Acadou o Calvo Xiria os puntos en xogo no partido que pecha o ano no Vila de Noia, pois afronta dous partidos lonxe de Carballo antes do parón de Nadal.…

Acadou o Calvo Xiria os puntos en xogo no partido que pecha o ano no Vila de Noia, pois afronta dous partidos lonxe de Carballo antes do parón de Nadal.

Logo de sete minutos no que semellaba que o partido non ía cos carballeses, un gol anotado e dous recibidos, tivo que ser unha exclusión a Carlos o factor que fixese entrar no encontro aos locais. A partir dun parcial nos seguintes sete minutos de 6-0, no que foi fundamental o incremento de actividade na parcela defensiva, e con iso a posibilidade de aumentar o ritmo do partido, a lóxica que marca a clasificación duns e outros, impúxose e as diferenzas non fixeron máis que medrar até chegar ao tempo de lecer co partido xa resolto, polo resultado 17-6, e polo xogo que amosaron uns e outros na tarde do sábado. O segundo tempo foi un mero trámite no que cos puntos xa asegurados o Calvo Xiria baixou o rendemento da súa defensa, mais sen permitir que os vigueses se achegasen en momento algún a menos de dez goles.

Incidencias: Partido disputado no Pavillón Municipal Vila de Noia ante preto de 400 seareiros. Colexiados: Pablo Álvarez Vázquez e Abel Juncal López do colexio galego. Castigaron con exclusión polo Calvo Xiria a Carlos Vilanova (7´, 17´), Brais Puñal (29´), Miguel Suárez-Pumariega (40´), Gonzalo Pombo (54´), namentres polo Granitos Ibéricos foron sancionados Luis Castro (15´, 34´, 56´), José Ángel Fernández (46´), Adrián Lomba (57´). 7 metros Calvo Xiria 2//2 Granitos Ibéricos 2//3. Marcador cada 5 minutos: 1-1, 4-2, 7-3, 10-4, 14-5, 17-6, descanso, 20-9, 21-11, 24-13, 26-16, 29-17, 32-18.

CALVO XIRIA 32 (17+15): Santiago Gómez [p], Martín Gómez [p], Juan Carlos Rodríguez (3), Brais Puñal, Manuel Méndez (2), Sergio Facal (4), Uxío Batán (1), Martín Alfeirán (5), Julián López (6), Carlos Vilanova, Jorge Bouzas (4), Javier Rodríguez (2), Miguel Suárez-Pumariega (2), Gonzalo Pombo (1), Hugo Rodríguez (2), Pablo Iglesias.

GRANITOS IBÉRICOS 18 (6+12): Pedro Ramírez [p], José Ramón Ballesteros [p], Luis Castro (1), Pablo García (3), Hugo López (2), Xabier Puentes (4), Iván Soage, Daniel Román, Borja Romero, Jesús Lago, Abel Carreira (1), Víctor León (2), Adrián Lomba (1), José Ángel Fernández (4), Aarón Seone.

Próximo partido

Sénior masculino20:3019:30 en CanariasCampeonato estatal de primeira división masculina · Liga regular · Grupo A · Xornada 10
"CIUDAD DE TACORONTE" WSCAN LECOMAR 13 MAYO
CALVO XIRIA

Máis sobre isto