Vitoria do Calvo Xiria en Redondela

Segundo compromiso da Copa Galicia para o Calvo Xiria e segunda vitoria para os carballeses que se levaron o partido ante a SAR de Redondela por catro goles de vantaxe.
Estiveron pouco finos os xogadores carballeses nas tarefas ofensivas, tanto de construción coma de finalización, ao igual que os redondeláns, o que impediu que o resultado se fose a uns números máis altos. Mellor no aspecto defensivo e no traballo en portería, notouse que para o inicio de liga queda todo un mes no que os adestramentos terán que ir pulindo moitos aspectos para chegar ao 26 de Setembro con maior conxunción e precisión no ataque.

Agora tócalle ao Calvo Xiria na seguinte eliminatoria xogar co Cangas de Asobal, no partido máis compricado que pode haber, a día de hoxe, contra un equipo galego.

Incidencias: Partido disputado no Pavillón “A Bombonera” ante 100 seareiros. Colexiados: Alfredo Balado Fernández e José M. García Cortizo do colexio galego. Sen complicacións.
Marcador cada 5 minutos: 1-2/2-4/4-6/8-10/10-12/10-15, descanso, 11-16/14-20/15-22/17-22/18-23/20-24
SAR PLASTIC OMNIUM 20 (10 + 10): Rodríguez Castelo, David Puga (1), Nicolás Orge (1), Miguel Couñago, Antón Rey (1), Ramón Otero (3), André Pérez (1), Vidal Vilarchán (1), Sergio Táboas (1), Iván Vázquez (1), Diego Domínguez (1), Héctor Soage (1), Jaime García (1), Lois Lago (2), Daniel Pereira (2), David López (2), Muiños Portela (1).
CALVO XIRIA 24 (15 + 9): Alejandro Naya [p], Martín Gómez [p], Iago Gómez [p], Carlos A. Lema (2), Javier Rodríguez, Martín Alfeirán (3), Brais Puñal, Manuel Méndez (1), Jorge Bouzas (1), Pablo Iglesias (10), Sergio Facal (1), Ramón Suárez, Julián López, Mario García (1), Uxío Batán (5).