VIVENGAL SARDOMA 27 – CALVO XIRIA 30
02/12/2006 VIVENGAL SARDOMA 27 – CALVO XIRIA 30 Vivengal Sárdoma: David, Rubén (4), Martín (2), Donato (7), Luís (5), Yago, Diego –equipo inicial- Augusto (2), Pablo (5), Aitor (2), Cristian,…
02/12/2006 VIVENGAL SARDOMA 27 – CALVO XIRIA 30
Vivengal Sárdoma: David, Rubén (4), Martín (2), Donato (7), Luís (5), Yago, Diego –equipo inicial- Augusto (2), Pablo (5), Aitor (2), Cristian, Borja, Rubén.
Calvo Xiria: Iván, Hernán, Alberto (8), Fernando (2), Pablo (5), Cristophe (2), Aitor (1) –equipo inicial- Cuco (3), Chimpo (3), Manuel, Joaquín (3), Gonzalo (2), Quique, Queco.
Colexiados: Srs. García e Eiras, fixeron unha boa labor pasando desapercibidos.
O Calvo Xiria acadou dous puntos no partido que o enfrontou ao Vivengal Sárdoma que rematou cun marcador de 27 a 30 favorable aos carballeses, no descanso o resultado era de empate a 11 goles.
Comezou o partido moi frío por parte dos dous equipos, con ataques moi espesos e que non puñan en apuros a ningunha das defensas. Os goles producíanse por erros ofensivos e contraataques ou por erross dos porteiros, que tiñan en contra a escasa –máis ben nula- iluminación da pista viguesa que pagaron durante todo o partido Quique e Iván, pouco acostumados a esta situación. Os primeiros vinte minutos foron a prol do Sárdoma que chegou a acadar unha diferenza de tres goles, cun marcador de 9 a 6 que fala ben ás claras da inoperancia do ataque carballés atascado pola defensa mixta que sufrían Fernando e Alberto. Tres defensas positivas consecutivas daban a posibilidade ao Calvo de rematar o primeiro tempo cun empate a 11 goles que evidenciaba o pouco atinados que estaban os dous ataques, xa que as defensas –aínda que poida parecer o contrario- non eran de gran calidade.
Os primeiros quince minutos do segundo tempo marcaron o resto do partido, cun Xiria que aumentou a intensidade en defensa e coa mobilidade en ataque de Pablo, Gonzalo, Cristophe e Chimpo na primeira liña e a aportación de Cuco no pivote e Alberto e Joaquín nos extremos rompeu o partido.
Pero os carballeses están empeñados en darlle vida aos seus rivais, e cando tiñan acadado unha diferenza de sete goles a falta de choque en defensa e o pouco tino na finalización –erráronse ata catro lanzamentos de sete metros- permitiu aos vigueses abrigar esperanzas de poder remontar o choque. Sen embargo o Xiria finalmente amarrou o resultado, non sen sufrimento, que lles da dous puntos ante un rival incómodo.
A parte negativa do partido foi a caída de Hernán no minuto 15 de partido na que golpeou ca cabeza contra o chan. Sentíuse mareado e non puido volver á pista. As probas médicas realizadas foron totalmente satisfactorias descartando calquera posible lesión e despois duns días de descanso poderá adestrar con total normalidade.
O vindeiro encontro do Calvo Xiria será o sábado 9 de decembro ás 17.00 h no que os carballeses reciben no Pavillón Vila de Noia ao Conservas Boya Camariñas.