Os integrantes dos grupos 9 e 10 deste mes de Xullo están a participar nun obradoiro no Horto Infantil, onde aprenden todo o necesario para poder converter unha semente nunha hortaliza ou nun froito.
Nas primeiras sesións traballaron a terra e nesta segunda plantaron as plantas, xudías, leitugas, cabazas… que darán os seus froitos semanas despois.