A mala segunda metade condiciona a derrota do Calvo Xiria en Bueu
Dous equipos igualados e que lles gusta imprimir ritmo aos partidos. O Pablo Hervello estaba cheo; incluídos un bo número de afeccionados de Carballo que se trasladaron a animar ao…

Ao descanso 14 – 15sábado 5 de outubroPavillón Pablo HerbelloPrimeira división masculina · Liga regular · Grupo A · Xornada 3
Dous equipos igualados e que lles gusta imprimir ritmo aos partidos. O Pablo Hervello estaba cheo; incluídos un bo número de afeccionados de Carballo que se trasladaron a animar ao Calvo Xiria. O partido decantouse en favor dos locais, nunha segunda metade onde tanto o balance como a defensa falláronlle a un Xiria que viña de facer un boa primeira parte.
O Calvo Xiria ben organizado dominaba a parte inicial do partido (3 a 6, min 10), o equipo parecía un reloxo, arriscando con dous cambios nas transicións, a fluídez no xogo permitíalle impoñer gran intensidade tanto en defensa como en ataque. Luis Montes pedía tempo morto para cortar o refacho goleador do Calvo Xiria. No miunto 22; David García transformaba uns 7 metros que daba a máxima vantaxe (8 a 13) ao Calvo Xiria. Na seguinte defensa, sufriría unha exclusión que aproveitaba o Bueu para recortar distancias; aínda que o ataque posicional que ata ese momento era positivo, sumou 4 perdas seguidas propiciando cómodos contraataques ao rival (11 a 13). Esta vez, era quenda de Adrián Dubra de parar o partido para cortar ao Bueu. Á volta, Dani Fernández, paraba unha penetración de Diego Antelo, e no balance unha nova exclusión, para un Xiria, que vía como se lle esfumaba a diferenza. Con empate a 14 goles, David García sacábase un lanzamento de 13 metros para dar vantaxe dun gol, ao Xiria, o descanso.
Tras o paso por vestiarios; os primeiros instantes de intercambio de goles entre ambos, mantiña a igualdade (18 a 18); o Bueu aumentou o ritmo e o Calvo Xiria non era capaz de replegar tan organizado como na primeira metade, o que aos poucos foi minando a moral do equipo, que tentou buscar solucións grazas á profundidade do persoal e ás súas variantes; pero tamén no posicional Bueu era mellor; a defensa 6:0 que tan bos resultados lle diu na primeira parte; agora non conseguía pechar as liñas de pase e deixaba á primeira liña do Bueu xogar demasiado preto. O que propiciaba exceso de dúbidas nas axudas.
Cun marcador desfavorable (28-22) tampouco se rendeu ao Calvo Xiria; cambiaba o sistema defensivo; e pareceu funcionar; pero as continuas perdas de balón na transición e os fallos de lanzamento nos momentos clave da remontada non deixaron achegarse ao marcador.
Xusta vitoria do Bueu Atlético Balonman, que foi mellor na segunda metade a un Xiria que cometeu demasiados erros.
Bueu Atlético Balonman 33 – Calvo Xiria 27
Bueu Atlético Balonman (14+19): Daniel Fernández (p), Julio Ferreiro (p), Pablo Gándara (5), Mauro Bacelar, David Iglesias, Diego Lluque (3), Roque Arias (1), Brais López (5), José López (5), Andrés Bacelar (1), Sergio Munin, Rubén Augusto (8), Iván Fernández (1), Eloy Malvido, Adrián Suárez (4), Asier Cerqueira.
Calvo Xiria (14+11): Antonio Mato (p), Darío Calviño (p), Aarón Rodríguez, Gabriel Castiñeiras, David García (7), Julián García (4), Daniel Periscal (3), Diego Antelo (3), Orlando Salupassa (2), Jorge Bouzas (1), Mario Garcia de Searez, Carlos Varela (1), Diego Gago (3), Mario Cancela (2), Senén Garea (1).
Árbitros: Pablo Barreiro e Christian García.
Marcador cada 5 minutos: 1-2, 3-6, 5-6, 7-11, 10-13, 14-15, (descanso), 18-18, 22-18, 25-20, 28-22, 31-23, 33-27 (final).
Incidencias: Partido correspondente a 3ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón Pablo Hervello (Bueu).
O partido
- Ao descanso
- 14 – 15
- Exclusións
- 5
- Tempos mortos
- 4
- Hoxe na táboa
- 10º


