Logo dunha primeira metade marcada pola facilidade goleadora de ambos equipos, onde os erros defensivos facíanse latentes e o Montaxes Xiria non era capaz de emendalos neses 30 minutos. Decantouse o parcial favorable ao conxunto local, grazas ao maior acerto desde os 6 metros tanto de Nicolas Lamas como de Nicolás Fernández (21 a 18).
A segunda metade, a mellora defensiva do Montaxes Carballo Xiria fíxose notar desde o principio (13 goles encaixaba nesta metade); o bloque do 6:0 funcionou mellor e permitiu dar a volta ao marcador no minuto 40.
A partir de aí, houbo igualdade no marcador; o partido puido decantarse para calquera lado; pero a seguridade que agora tiña o Xiria no seu traballo defensivo era diferente e iso decantou a balanza nun partido irregular.
Bo esforzo para remontar do novo equipo de Carballo que lle permite sumar os dous primeiros puntos na clasificación.
Balonmano Reconquista de Vigo 34 – Calvo Xiria 35
Balonmano Reconquista de Vigo (21+13): David González, Breixo Álvarez, Isaac Mani, Gael Gallero, Nicolás Lamas (14), Nicolás Fernández (10), Fernando Jesús Murillo (4), Jacobo Lamas, Adrián Italiani, David Comesaña (2), Ricardo Andrés Soto, Mario Touron, Santiago Pousa, Leonardo Soutullo (1), David Álvarez (1), Aaron Rodríguez (2).
Montaxes Carballo Xiria (18+17): Antón Pardiñas (p), Samuel Soneira (p), Diego Mourelle (9), Simón Viña, Andrés Pombo (1), Nicolás Cancela (4), Daniel Persical (3), Brais Suárez (1), Marcos Suárez (9), Álvaro García (1), Marcos Varela (6), Maxi Días (1).
Árbitros: Pablo Manuel Barreiro e Alberto Rodríguez.
Marcador cada 5 minutos: 4-4, 6-9, 11-11, 16-15, 19-17, 21-18, (descanso), 22-20, 25-25, 26-27, 30-29, 33-33, 34-35 (final).
Incidencias: Partido correspondente a 1ª xornada da liga Ouro xuvenil masculina, disputado no pavillón As Travesas (Vigo).


