Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

ACADEMIA OCTAVIO 26 – IFECGÁS PEREIRA XIRIA 34

Academia Octavio: 26 (12+14): Pedro, Pablo (2), José L. (4), Alex (5), Bruno (5), Pablo (2), Gonzalo -equipo inicial- Petar, Rodrigo (2), Víctor, Ismael (2), Chantada, Xacob, López (4). Ifecgás…

Academia Octavio: 26 (12+14): Pedro, Pablo (2), José L. (4), Alex (5), Bruno (5), Pablo (2), Gonzalo -equipo inicial- Petar, Rodrigo (2), Víctor, Ismael (2), Chantada, Xacob, López (4).

Ifecgás Pereira Xiria: 34 (14+20): Zúpez, Miguel (4), Martín (1), David (10), Anes (3), Rúbén (4), Javi (3) – equipo inicial- Edu (1), Jorge (4), Ricardo (1), Calvete (2), Alex (1), Mario, Santiago, Iván.

Colexiados: Alberto Fdez e Fernando Eiras.

Bo comezo de competición oficial para o Ifecgás Pereira Xiria que lograba impoñerse ao equipo vigués do Octavio na primeira xornada da Copa Federación.

Partido propio de inicio de tempada, onde os dous equipos, aínda inmersos no periodo de preparación, amosaron un ritmo lento e un balonmán falto de intensidade. A primeira parte foi igualada, aínda que sempre cos visitantes comandando o marcador con vantaxes curtas. Os erros e as imprecisións foron a tónica xeral durante todo este periodo. No descanso o marcador reflectía un 12-14 prol dos de Carballo.

A segunda parte moveuse polos mesmos derroteiros, só que os locais acusaron aínda máis o cansancio e isto fixo posible que o Ifecgás Pereira, con pouca cousa, fose superándose no electrónico e aumentando a vantaxe a medida que foron transcurrindo os minutos. En definitiva, un resultado moi cómodo para os bergantiñáns, pero que seguramente non fale do que vai a ser o partido de liga que enfronte a estes dous equipos en Carballo dentro de un mes.

Encontro pouco vistoso para o espectador, con un ritmo certamente lento e un balomán pouco dinámico, propio dista parte da tempada donde os rapaces teñen moita carga física e notase a pesadez das pernas.